Translations:Contribute/34/gl
Appearance
- Lea o código fonte. En http://websvn.kde.org e https://projects.kde.org/ poderá navegar polo código fonte do software de KDE. Procure ler os rexistros de cambios e as diferencias no código no que vai traballar; conseguirá certa perspectiva.
- Pregunte nas listas de correo de KDE. Se aínda non atopou unha resposta, probe a preguntar nunha das listas mencionadas nun punto anterior.
- Para preguntas sobre o desenvolvemento principal ou de aplicativos de terceiros baseados na plataforma de KDE, e salvo que estea especialmente interesado en Konqueror, KOffice, xogos ou desenvolvemento con Java, a súa mellor opción será kde-devel (subscribirse).
- Para cuestións sobre o desenvolvemento de Konqueror ten kfm-devel (subscribirse)
- Para cuestións sobre o desenvolvemento de KOffice ten koffice-devel (subscribirse)
- Para cuestións sobre desenvolvemento de xogos ten kde-games-devel (subscribirse)
- Para cuestións sobre desenvolvemento con Qt, empregue a lista de correo oficial de Qt.