Translations:Development/Architecture/KDE3/Icon Loader/21/gl

From KDE TechBase
The printable version is no longer supported and may have rendering errors. Please update your browser bookmarks and please use the default browser print function instead.
  1. tamano. Resolución a empregar para a icona, ignorando o valor co que está configurado o grupo. Os efectos asociados ao grupo aplicaranse de todos xeitos.
  2. estado. O estado da icona. Os valor pode ser calquera dos seguintes: KIcon::DefaultState (normal), KIcon::ActiveState (activo) e KIcon::DisabledState (desactivado). Os botóns das barras de ferramentas, por exemplo, vólvense activos cando o cursor está situado sobre eles, están desactivados cando as súas accións non están dispoñíbeis, e o seu estado é normal no resto das situacións. Cada estado pode levar asociados distintos efectos para fornecer información ao usuario de maneira visual.
  3. ruta_almacenamento. Se quere saber a ruta na que está almacenada a icona que cargou, forneza neste parámetro un punteiro a QString; a ruta gardarase na cadea apuntada.
  4. podeDevolverNulo. En caso de non atopar a icona indicada, o valor a devolver dependerá deste parámetro. Se o parámetro leva o valor true, devolverase un mapa de píxeles nulo; en caso contrario, devolverase a icona «unknown» (descoñecido).