(Importing a new version from external source) |
(Importing a new version from external source) |
||
Line 169: | Line 169: | ||
</syntaxhighlight> | </syntaxhighlight> | ||
− | + | Isto cargará a icona «kfind», coa profundidade de cor e resolución coas que está configurado o grupo ''Desktop''. | |
− | ''Desktop'' | + | |
=== Unthemed icons === | === Unthemed icons === |
Cargar e instalar iconas en KDE
As iconas son un elemento importante da interface de usuario de calquera ambiente de escritorio. Ben por escolla do usuario, ben polas propias limitacións do hardware, unha mesma icona pode fornecerse en diferentes resolucións e profundidades de cor. Para xestionar a situación dunha maneira fácil, desenvolveuse un xeito estándar de almacenar e acceder ás iconas.
As iconas cárganse mediante a clase KIconLoader. Todo aplicativo de KDe conta cun obxecto de carga de iconas global. Pode acceder ao obxecto co seguinte código:
#include <kglobal.h>
#include <kiconloader.h>
KIconLoader *cargador = KGlobal::iconLoader();
O cargador de iconas non se limita só a iso; tamén garda as iconas na caché e aplícalles efectos. Para cargar unha icona, empregue o método loadIcon(); a súa declaración é a seguinte:
QPixmap loadIcon( QString nome, int grupo, int tamano=0,
int estado=KIcon::DefaultState,
QString *ruta_almacenamento=0L, bool podeDevolverNulo=false);
Como pode observar, son moitos os parámtros que pode recibir o método. Os máis importantes son os dous primeiros:
O concepto de «grupo de icona» ten grande importancia dentro do esquema de iconas de KDE. O grupo denota en que parte da pantalla vai empregarse a icona. Esta información é relevante porque os usuarios de KDe poden asociar resolucións de iconas e efectos visuais a cada grupo. Ao pasarlle o grupo ao cargador de iconas, está a indicar que versión da icona cargar. E que o parámetro sexa obrigatorio axuda a conseguir unha aparencia consistente e personalizábel no conxunto do ambiente de escritorio KDE.
Por exemplo, un usuario pode escoller iconos de 32×32 píxeles cunha desaturación de 0,2 para as barras de ferramentas principais.
A continuación lístanse os grupos dispoñíbeis. Todos eles están definidos na clase KIcon, polo que deben ir prefixados con KIcon:: (por exemplo, KIcon::Desktop
).
Por tanto, para cargar a icona «kfind» para o seu uso no grupo «Desktop», deberá empregar o seguinte código:
QPixmap icona;
icona = cargador->loadIcon("kfind", KIcon::Desktop);
Vexamos agora o resto dos parámetros que se lle poden pasar a loadIcon()
.
KIcon::DefaultState
(normal), KIcon::ActiveState
(activo) e KIcon::DisabledState
(desactivado). Os botóns das barras de ferramentas, por exemplo, vólvense activos cando o cursor está situado sobre eles, están desactivados cando as súas accións non están dispoñíbeis, e o seu estado é normal no resto das situacións. Cada estado pode levar asociados distintos efectos para fornecer información ao usuario de maneira visual.true
, devolverase un mapa de píxeles nulo; en caso contrario, devolverase a icona «unknown» (descoñecido).As iconas poden estar dispoñíbeis en distintas resolucións e profundidades de cor. Neste caso, falamos de «iconas de tema visual», mentres que en caso contrario falaremos de «iconas independentes».
As iconas de tema visual están dispoñíbeis en distintas resolucións e profundidades de cor. Os tamaños estándar son:
Visite a fábrica de iconas de KDE para informarse, entre outras cousas, de que resolucións son obrigatorias. Lembre que todas estas resolucións poden asociarse a un grupo de iconas.
As iconas de tema visual almacénanse nunha xerarquía de directorios segundo (1) a súa profundidade de cor, (2) resolución, e (3) contexto. O concepto de «contexto» é unha novidade introducida polo esquema de iconas de KDE. O contexto dunha icona é o que representa a icona. Estes son os contextos estándar:
Os contextos son importantes á hora de escoller a icona. Cando o usuario vai escoller unha icona, en vez de amosarlle a lista completa de iconas do sistema, o usuario pode filtrar a lista de iconas escollendo un contexto.
A seguinte é a xerarquía de directorios nos que se almacenan as iconas de tema visual.
hicolor/ 22x22/ actions/ apps/ devices/ filesystems/ mimetypes/ 32x32/ ... 48x48/ ... locolor/ 16x16/ ... 22x22/ ... 32x32/ ...
As iconas de tema visual poden instalarse de maneira global, con respecto á instalación de KDE, ou nun lugar específico para cada aplicativo. No caso da instalación global, a xerarquía do tema de iconas parte do directorio $KDEDIR/share/icons; no caso da instalación por aplicativo, a xerarquía partirá de $KDEDIR/share/apps/$APPNAME/icons.
O sistema de configuración das fontes de KDE —e en concreto am_edit
— permite a instalación de iconas de tema visual. O primeiro que debe facer é nomear as iconas de xeito que quede claro onde quedarán instaladas, tal e como se indica na seguinte táboa:
profundidade de cor | resolución | - | contexto | - | nome | .png |
---|---|---|---|---|---|---|
hi | 16 | action | ||||
lo | 22 | app | ||||
32 | device | |||||
48 | filesys | |||||
mime |
Exemplos:
lo22-action-open.png hi48-app-kfind.png
Para instalar estas iconas de maneira global, engada a seguinte liña ao ficheiro Makefile.am.
KDE_ICON = open kfind
Para instalala nun directorio específico do aplicativo, empregue estas:
icondir = $(kde_datadir)/myapp/icons icon_ICON = open kfind
As iconas de tema visual cárganse co cargador de iconas, empregando os grupos de iconas estándar. Por exemplo:
QPixmap icona;
icona = cargador->loadIcon("kfind", KIcon::Desktop);
Isto cargará a icona «kfind», coa profundidade de cor e resolución coas que está configurado o grupo Desktop.
Unthemed icons are installed in $KDEDIR/share/apps/$APPNAME/pics. To install them, use this in you Makefile.am.
icondir = $(kde_datadir)/myapp/pics icon_DATA = open kfind
You must not give the icons special names. Also, no further processing is done on them: no effects and size,depth selection is done.
Unthemed icons can be loaded with the iconloader using the User group. This will load a user icon:
QPixmap pm;
pm = loader->loadIcon("myicon", KIcon::User);
There are 3 ways to install icons: global themed, application specific themed and unthemed. All types of icons can be loaded with the iconloader. You should choose a specific installation depending on your needs.
Initial Author: Geert Jansen <jansen@kde.org>