Translations:Development/Architecture/KDE3/Icon Loader/21/gl
- tamano. Resolución a empregar para a icona, ignorando o valor co que está configurado o grupo. Os efectos asociados ao grupo aplicaranse de todos xeitos.
- estado. O estado da icona. Os valor pode ser calquera dos seguintes:
KIcon::DefaultState
(normal),KIcon::ActiveState
(activo) eKIcon::DisabledState
(desactivado). Os botóns das barras de ferramentas, por exemplo, vólvense activos cando o cursor está situado sobre eles, están desactivados cando as súas accións non están dispoñíbeis, e o seu estado é normal no resto das situacións. Cada estado pode levar asociados distintos efectos para fornecer información ao usuario de maneira visual. - ruta_almacenamento. Se quere saber a ruta na que está almacenada a icona que cargou, forneza neste parámetro un punteiro a QString; a ruta gardarase na cadea apuntada.
- podeDevolverNulo. En caso de non atopar a icona indicada, o valor a devolver dependerá deste parámetro. Se o parámetro leva o valor
true
, devolverase un mapa de píxeles nulo; en caso contrario, devolverase a icona «unknown» (descoñecido).