Translations:Contribute/33/gl

From KDE TechBase
Revision as of 07:58, 10 November 2012 by Gallaecio (talk | contribs) (Importing a new version from external source)
(diff) ← Older revision | Latest revision (diff) | Newer revision → (diff)

Se ten preguntas sobre o desenvolvemento de KDE, as opcións de que dispón son basicamente as mesmas das que dispón calquera outro usuario, con algunhas diferencias:

  • Lea a lista de preguntas frecuentes de desenvolvedores. A resposta a moitas das preguntas máis comúns dos desenvolvedores teñen resposta na lista de preguntas frecuentes de desenvolvedores de KDE
  • Busque en sitios web de KDE. Moitas das súas preguntas terán a súa resposta nalgún dos sitios web de KDE, incluíndo os de documentación. Pode buscar contido en todos os sitios web de KDE desde o sitio principal. Non esqueza, ademais, de buscar en KDE TechBase. E, de ser posíbel, axude a editar o wiki para clarificar o que non estea claro, e empregue a páxina de conversa se non entende algo.
  • Busque nas listas de correo. Seguro que moitas das súas preguntas xa se formularon e responderon nas listas de correo de KDE, en especial nas listas kde-devel, kde2-porting, kde-core-devel, kde-games-devel, kfm-devel e koffice-devel. Pode buscalas en lists.kde.org. Busque sempre antes de preguntar na lista; os correos da lista chéganlles a milleiros de persoas, e cómpre evitar os correos innecesarios.
  • Motores de busca. Non esqueza facer uso do seu motor de busca preferido. Un dos máis efectivos é Google, co que pode buscar en sitios de novas, especialmente útil para cuestións xerais de programación.