Translate

Jump to: navigation, search
Settings

Information about the group Translation of the wiki page Development/Architecture/KDE3/Icon Loader.
Development/Architecture/KDE3/Icon LoaderCurrent message text
...con Loader/Page display title/glCargador de iconas
...chitecture/KDE3/Icon Loader/1/gl'''Cargar e instalar iconas en KDE'''
...chitecture/KDE3/Icon Loader/2/glAs iconas son un elemento importante da interface de usuario de calquera ambiente de escritorio. Ben por escolla do usuario, ben polas propias limitacións do hardware, unha mesma icona pode fornecerse en diferentes resolucións e profundidades de cor. Para xestionar a situación dunha maneira fácil, desenvolveuse un xeito estándar de almacenar e acceder ás iconas.
...chitecture/KDE3/Icon Loader/3/gl== Cargar iconas ==
...chitecture/KDE3/Icon Loader/4/gl===  Acceder ao cargador de iconas ===
...chitecture/KDE3/Icon Loader/5/glAs iconas cárganse mediante a clase [http://api.kde.org/3.5-api/kdelibs-apidocs/kdecore/html/classKIconLoader.html KIconLoader]. Todo aplicativo de KDe conta cun obxecto de carga de iconas global. Pode acceder ao obxecto co seguinte código:
...chitecture/KDE3/Icon Loader/6/gl<syntaxhighlight lang="cpp-qt">
#include <kglobal.h>
#include <kiconloader.h>

KIconLoader *cargador = KGlobal::iconLoader();
</syntaxhighlight>
...chitecture/KDE3/Icon Loader/7/gl===  Cargar iconas con loadIcon()  ===
...chitecture/KDE3/Icon Loader/8/glO cargador de iconas non se limita só a iso; tamén garda as iconas na '''caché''' e aplícalles efectos. Para cargar unha icona, empregue o método [http://api.kde.org/3.5-api/kdelibs-apidocs/kdecore/html/classKIconLoader.html#a3 loadIcon()]; a súa declaración é a seguinte:
...chitecture/KDE3/Icon Loader/9/gl<syntaxhighlight lang="cpp-qt">
QPixmap loadIcon( QString nome, int grupo, int tamano=0,
                 int estado=KIcon::DefaultState, 
                 QString *ruta_almacenamento=0L, bool podeDevolverNulo=false);
</syntaxhighlight>
...hitecture/KDE3/Icon Loader/10/glComo pode observar, son moitos os parámtros que pode recibir o método. Os máis importantes son os dous primeiros:
...hitecture/KDE3/Icon Loader/11/gl# '''nome'''. O nome da icona a cargar. Debe indicar o nome a secas, sen extensión.
# '''grupo'''. O grupo ao que pertence a icona. O concepto de grupo explícase máis adiante.
...hitecture/KDE3/Icon Loader/12/gl=== Grupos de iconas ===
...hitecture/KDE3/Icon Loader/13/glO concepto de «grupo de icona» ten grande importancia dentro do esquema de iconas de KDE. O grupo denota en que parte da pantalla vai empregarse a icona. Esta información é relevante porque os usuarios de KDe poden asociar resolucións de iconas e efectos visuais a cada grupo. Ao pasarlle o grupo ao cargador de iconas, está a indicar que versión da icona cargar. E que o parámetro sexa obrigatorio axuda a conseguir unha aparencia consistente e personalizábel no conxunto do ambiente de escritorio KDE.
...hitecture/KDE3/Icon Loader/14/glPor exemplo, un usuario pode escoller iconos de 32×32 píxeles cunha desaturación de 0,2 para as barras de ferramentas principais.
...hitecture/KDE3/Icon Loader/15/glA continuación lístanse os grupos dispoñíbeis. Todos eles están definidos na clase [http://api.kde.org/3.5-api/kdelibs-apidocs/kdecore/html/classKIcon.html KIcon], polo que deben ir prefixados con ''KIcon::'' (por exemplo, <code>KIcon::Desktop</code>).
...hitecture/KDE3/Icon Loader/16/gl* '''Desktop'''. Iconas para empregar no escritorio, no xestor de ficheiros e en espazos similares.
* '''Toolbar'''. Iconas para barras de ferramentas estándar.
* '''MainToolbar'''. Iconas para a barra de ferramentas principal. Un mesmo aplicativo pode ter varias barras de ferramentas; sempre haberá uha delas que sexa a principal. Adoita ser a que contén entradas como «Gardar» e «Abrir», e ten iconas máis grandes que o resto de barras.
* '''Small'''. Varias iconas pequenas, como as que aparecen nos menús contextuais, listas e árbores.
* '''User'''. Grupo especial para cargar iconas específicas de cada aplicativo. Véxase [[#Instalar iconas|Instalar iconas]].
...hitecture/KDE3/Icon Loader/17/glPor tanto, para cargar a icona «kfind» para o seu uso no grupo «Desktop», deberá empregar o seguinte código:
...hitecture/KDE3/Icon Loader/18/gl<syntaxhighlight lang="cpp-qt">
QPixmap icona;
icona = cargador->loadIcon("kfind", KIcon::Desktop);
</syntaxhighlight>
...hitecture/KDE3/Icon Loader/19/gl=== Información adicional sobre loadIcon() ===
...hitecture/KDE3/Icon Loader/20/glVexamos agora o resto dos parámetros que se lle poden pasar a <code>loadIcon()</code>.
...hitecture/KDE3/Icon Loader/21/gl# '''tamano'''. Resolución a empregar para a icona, ignorando o valor co que está configurado o grupo. Os efectos asociados ao grupo aplicaranse de todos xeitos.
# '''estado'''. O estado da icona. Os valor pode ser calquera dos seguintes: <code>KIcon::DefaultState</code> (''normal''), <code>KIcon::ActiveState</code> (''activo'') e <code>KIcon::DisabledState</code> (''desactivado''). Os botóns das barras de ferramentas, por exemplo, vólvense ''activos'' cando o cursor está situado sobre eles, están ''desactivados'' cando as súas accións non están dispoñíbeis, e o seu estado é ''normal'' no resto das situacións. Cada estado pode levar asociados distintos efectos para fornecer información ao usuario de maneira visual.
# '''ruta_almacenamento'''. Se quere saber a ruta na que está almacenada a icona que cargou, forneza neste parámetro un punteiro a QString; a ruta gardarase na cadea apuntada.
# '''podeDevolverNulo'''. En caso de non atopar a icona indicada, o valor a devolver dependerá deste parámetro. Se o parámetro leva o valor <code>true</code>, devolverase un mapa de píxeles nulo; en caso contrario, devolverase a icona «unknown» (''descoñecido'').
...hitecture/KDE3/Icon Loader/22/gl== Instalar iconas ==
...hitecture/KDE3/Icon Loader/23/glAs iconas poden estar dispoñíbeis en distintas resolucións e profundidades de cor. Neste caso, falamos de «iconas de tema visual», mentres que en caso contrario falaremos de «iconas independentes».
...hitecture/KDE3/Icon Loader/24/gl=== Resolucións predeterminadas de iconas ===
...hitecture/KDE3/Icon Loader/25/glAs iconas de tema visual están dispoñíbeis en distintas resolucións e profundidades de cor. Os tamaños estándar son:
...hitecture/KDE3/Icon Loader/26/gl;40 cores
:16×16 píxeles.
:22×22 píxeles.
:32×32 píxeles.
...hitecture/KDE3/Icon Loader/27/gl;Cor real
:22×22 píxeles.
:32×32 píxeles.
:48×48 píxeles.
...hitecture/KDE3/Icon Loader/28/glVisite a [http://www.kde-artists.org/introduction.html fábrica de iconas de KDE] para informarse, entre outras cousas, de que resolucións son obrigatorias. Lembre que todas estas resolucións poden asociarse a un grupo de iconas.
...hitecture/KDE3/Icon Loader/29/gl=== Contexto das iconas ===
...hitecture/KDE3/Icon Loader/30/glAs iconas de tema visual almacénanse nunha xerarquía de directorios segundo (1) a súa '''profundidade de cor''', (2) '''resolución''', e (3) '''contexto'''. O concepto de «contexto» é unha novidade introducida polo esquema de iconas de KDE. O contexto dunha icona é o que ''representa'' a icona. Estes son os contextos estándar:
...hitecture/KDE3/Icon Loader/31/gl* '''action'''. A icona representa unha acción nunha barra de ferramentas. Por exemplo, «Abrir» ou «Gardar».
* '''application'''. A icona representa un aplicativo. For exemplo, «kfind» representa KFind.
* '''device'''. A icona representa algo relacionado cun dispositivo. Por exemplo, «floppy» (''disquete'') our «mount» (''montar'').
* '''filesystem'''. A icona representa un elemento do sistema de ficheiros. Por exemplo, «directory» (''directorio''), «socket» (''sócket'') ou «trashcan» (''lixo'').
* '''mimetype'''. A icona representa un tipo de ficheiro MIME. Por exemplo, «text/html».
...hitecture/KDE3/Icon Loader/32/glOs ''contextos'' son importantes á hora de escoller a icona. Cando o usuario vai escoller unha icona, en vez de amosarlle a lista completa de iconas do sistema, o usuario pode filtrar a lista de iconas escollendo un contexto.
...hitecture/KDE3/Icon Loader/33/gl=== Xerarquía de directorios ===
...hitecture/KDE3/Icon Loader/34/glA seguinte é a xerarquía de directorios nos que se almacenan as iconas de tema visual.
...hitecture/KDE3/Icon Loader/35/glhicolor/
     22x22/
         actions/
         apps/
         devices/
         filesystems/
         mimetypes/
     32x32/
         ...
     48x48/
         ...
 
 locolor/
     16x16/
         ...
     22x22/
         ...
     32x32/
         ...
...hitecture/KDE3/Icon Loader/36/gl=== Directorio raíz ===
...hitecture/KDE3/Icon Loader/37/glAs iconas de tema visual poden instalarse de maneira global, con respecto á instalación de KDE, ou nun lugar específico para cada aplicativo. No caso da instalación global, a xerarquía do tema de iconas parte do directorio {{path|$KDEDIR/share/icons}}; no caso da instalación por aplicativo, a xerarquía partirá de {{path|$KDEDIR/share/apps/$APPNAME/icons}}.
...hitecture/KDE3/Icon Loader/38/gl=== Instalar iconas de tema visual ===
...hitecture/KDE3/Icon Loader/39/glO sistema de configuración das fontes de KDE —e en concreto <code>am_edit</code>— permite a instalación de iconas de tema visual. O primeiro que debe facer é nomear as iconas de xeito que quede claro onde quedarán instaladas, tal e como se indica na seguinte táboa:
...hitecture/KDE3/Icon Loader/40/gl{|
!|profundidade de cor
! resolución
! -
! contexto
! -
! nome
! .png
|-
|| hi || 16 || || action 
|-
|| lo || 22 || || app
|-
||    || 32 || || device 
|-
||    || 48 || || filesys
|-
||    ||    || || mime
|}
...hitecture/KDE3/Icon Loader/41/glExemplos:
...hitecture/KDE3/Icon Loader/42/gllo22-action-open.png
 hi48-app-kfind.png
...hitecture/KDE3/Icon Loader/43/glPara instalar estas iconas de maneira global, engada a seguinte liña ao ficheiro {{path|Makefile.am}}.
...hitecture/KDE3/Icon Loader/44/glKDE_ICON = open kfind
...hitecture/KDE3/Icon Loader/45/glPara instalala nun directorio específico do aplicativo, empregue estas:
...hitecture/KDE3/Icon Loader/46/glicondir = $(kde_datadir)/myapp/icons
 icon_ICON = open kfind
...hitecture/KDE3/Icon Loader/47/gl=== Cargar iconas de tema visual ===
As iconas de tema visual cárganse co cargador de iconas, empregando os grupos de iconas estándar. Por exemplo:
...hitecture/KDE3/Icon Loader/48/gl<syntaxhighlight lang="cpp-qt">
QPixmap icona;
icona = cargador->loadIcon("kfind", KIcon::Desktop);
</syntaxhighlight>
...hitecture/KDE3/Icon Loader/49/glIsto cargará a icona «kfind», coa profundidade de cor e resolución coas que está configurado o grupo ''Desktop''.
...hitecture/KDE3/Icon Loader/50/gl=== Iconas independentes ===
...hitecture/KDE3/Icon Loader/51/glAs iconas independentes instálanse en {{path|$KDEDIR/share/apps/$APPNAME/pics}}. Para instalalas, engada o seguinte ao seu ficheiro {{path|Makefile.am}}.
...hitecture/KDE3/Icon Loader/52/glicondir = $(kde_datadir)/myapp/pics
 icon_DATA = open kfind
...hitecture/KDE3/Icon Loader/53/glNon ten que nomear as iconas de ningún xeito especial, e ademais as iconas non se procesarán, é dicir, nin se lles aplicarán efectos nin se terán en conta a súa profundidade de cor e resolución.
...hitecture/KDE3/Icon Loader/54/glAs iconas independentes poden cargarse co cargador de iconas, indicando o grupo ''User'':
...hitecture/KDE3/Icon Loader/55/gl<syntaxhighlight lang="cpp-qt">
QPixmap icona;
icona = cargador->loadIcon("unhaicona", KIcon::User);
</syntaxhighlight>
...hitecture/KDE3/Icon Loader/56/gl== Conclusión ==
Existen tres xeitos de instalar iconas: de maneira global como parte dun tema visual, como parte do tema visual dun aplicativo en concreto, ou de maneira independente. Escolla a instalación que mellor se adapte ás súas necesidades.
...hitecture/KDE3/Icon Loader/57/gl''Autor inicial:'' Geert Jansen [mailto:jansen@kde.org &lt;jansen@kde.org&gt;]
...hitecture/KDE3/Icon Loader/58/gl[[Category:KDE3/gl]]
[[Category:Arquitectura/gl]]
NavigationShowing 59 messages.
KDE® and the K Desktop Environment® logo are registered trademarks of KDE e.V.Legal