Translate

Jump to: navigation, search
Settings

Information about the group Translation of the wiki page Contribute.
ContributeCurrent message text
...Contribute/Page display title/glContribuír
Translations:Contribute/1/glEsta páxina ten por obxectivo servir de introdución para os diferentes aspectos do desenvolvemento de KDE, especialmente no que se refire á parte de programación. ''O proxecto KDE dálle a benvida a calquera disposto a axudar''.
Translations:Contribute/2/gl{{Note|Existen moitos xeitos de contribuír ao desenvolvemento de KDE, e poden resumirse en varias categorías:
:''Documentación, tradución, programación, mellora da facilidade de uso, accesibilidade, imaxe, e promoción.
''Se non sabe programar, bótelle unha ollada ás páxinas de KDE sobre [http://kde.org/community/getinvolved/ como involucrarse] para descubrir de que outros xeitos pode axudar. Considere tamén a [[Contribute/Bugsquad|brigada dos erros]]!'' 
}}
Translations:Contribute/3/gl== Fontes de información ==
Translations:Contribute/4/glA dirección xeral do proxecto KDE determínana os que fan o traballo. Non existe “un gran plan” sobre o aspecto que KDE terá no futuro.
Translations:Contribute/5/glSe quere informarse do que está a suceder, existen unha serie de fontes que debera considerar:
; [http://www.kde.org/mailinglists/ Roldas de correo]
: Probabelmente sexan o mellor xeito de descubrir o que está acontecendo no desenvolvemento de KDE. Os arquivos están dispoñíbeis [http://lists.kde.org aquí].
Translations:Contribute/6/gl; [http://commitfilter.kde.org/ Filtro de ''commits'']
: Reciba notificacións de ''commits'' aos ''repositorios'' de código fonte de KDE nas partes que lle interesen.
Translations:Contribute/7/gl; [http://commit-digest.org/ Resumo de ''commits'' de KDE]
: Resumo semanal dos ''commits'' a proxectos dos ''repositorios'' de código fonte de KDE.
Translations:Contribute/8/gl; [http://dot.kde.org/ The Dot]
: O sitio de novas de KDE.
Translations:Contribute/9/gl== Informar de erros ==
Translations:Contribute/10/glO xeito máis doado de contribuír a KDE é [http://userbase.kde.org/Asking_Questions#Reporting_KDE_Bugs informar de erros] atopados no ''software''. Para iso, empregue o [https://bugs.kde.org/ sistema de seguimento de erros de KDE] (tamén coñecido coma '''Bugzilla''').
Translations:Contribute/11/glSe o ''aplicativo'' que está a usar quebra, a ferramenta '''Dr Konqi''' aparecerá e guiarao a través do proceso para informar da quebra. Para máis información, consulte a páxina sobre [[Development/Tutorials/Debugging/How_to_create_useful_crash_reports|como crear informes de quebra útiles]].
Translations:Contribute/12/gl== Primeiros pasos como programador ==
Translations:Contribute/13/glPara comezar a programar para KDE, abonda con atopar algo que arranxar, e arranxalo. Pode que lle interese consultar a introdución aos módulos, para que lle resulte logo máis doado atopar o que busca. Despois de arranxar algo, o seguinte paso natural será o de enviar un parche cos cambios. Despois de pasar por iso un par de veces, pode que lle interese solicitar unha conta de contribuidor de KDE, para así poder mellorar as cousas directamente.
Translations:Contribute/14/gl* [[Contribute/List of KDE Modules|Introdución aos módulos]].
* [[Contribute/Send Patches|Enviar parches]].
* [[Contribute/Get a Contributor Account|Solicitar unha conta de contribuidor de KDE]].
* [[Contribute/First Steps with your KDE SVN Account|Primeiros pasos tras conseguir a conta]].
Translations:Contribute/15/gl=== C++ ===
Translations:Contribute/16/glKDE está escrito principalmente en C++. Se non está familiarizado con esta linguaxe, xa está tardando. Existen moitos libros sobre C++ de gran calidade; un bo exemplo é [http://mindview.net/Books/TICPP/ThinkingInCPP2e.html ''Thinking in C++''] («Pensando con C++»), un libro de Bruce Eckel que está dispoñíbel mediante descarga gratuíta e como libro impreso. Non é imprescindíbel comprendelo todo para comezar en KDE, pero si que necesitará comprender a sintaxe básica e as operacións.
Translations:Contribute/17/gl=== Qt ===
Translations:Contribute/18/glPara coller soltura na programación para KDE, cómpre coñecer e comprender as bibliotecas Qt. Se non está familiarizado con elas, siga as aprendizaxes paso a paso que inclúe a [http://qt-project.org/doc/latest documentación].
Translations:Contribute/19/glSe precisa dunha introdución máis suave a Qt, ou simplemente unha forma distinta de aprendelo, bótelle unha ollada a [http://www.apress.com/9781590598313 Foundations of Qt Development] («Os cimentos do desenvolvemento con Qt»).
Translations:Contribute/20/glSe prefire aprender Qt lendo un libro de corte máis tradicional, bótelle unha ollada á [http://qt-project.org/books páxina de libros sobre Qt]. Existen suxestións adicionais de recursos para familiarizarse con Qt na [http://qt-project.org/doc/qt-4.8/how-to-learn-qt.html páxina sobre como aprender Qt] (''en inglés'').
Translations:Contribute/21/gl=== KDE ===
Translations:Contribute/22/glNa [[Development/Tutorials|sección de aprendizaxes]] atopará información variada sobre as técnicas de KDE: Teña en conta que algunhas das aprendizaxes non se actualizaron desde a rama 3 de KDE, se ben aínda deberían ser válidas, polo menos en parte.
Translations:Contribute/23/glTamén atopará información útil sobre como escribir código para KDE na [[Development/FAQs|sección de preguntas e respostas]]. Dita información pode non estar tampouco actualizada para a rama 4 de KDE, pero igual que coas aprendizaxes, a maior parte debería seguir sendo válida, mesmo fóra de KDE.
Translations:Contribute/24/glTamén pode botarlle unha ollada os [[Development/Further Information#Books|libros sobre programación para KDE]].
Translations:Contribute/25/glPor último, pero non por iso menos importante, KDE inclúe unha extensa documentación das súas clases (API). Esta está dispoñíbel na [[Development/Tutorials/API Documentation|sección de manuais de referencia da API de KDE]], que contén asemade unha serie de ligazóns útiles a recursos sobre como escribir ou actualizar a documentación das clases. Tamén pode xerar vostede  mesmo a documentación localmente, ou acceder a unha versión na Internet que estea máis actualizada no [http://api.kde.org/ sitio ''web'' de referencia da API].
Translations:Contribute/26/glNa [http://quality.kde.org/develop/howto/howtohack.php guía de programación] atopará unha descrición máis detallada dos pasos mencionados.
Translations:Contribute/37/gl==== Axuda contextual — Que é isto? ====
Translations:Contribute/38/glA axuda contextual é inseparábel dos diálogos e trebellos, dado que eles son o obxectivo deste tipo de axuda. De feito, para escribir axuda contextual, fai falla programar ou ferramentas de programación. A axuda contextual é evidentemente unha propiedade dos trebellos. Na programación orientada a obxectos, as propiedades poden ter distintos valores, e comportarse de maneira diferente segundo estes valores. Na programación de Qt e KDE, o nome desta propiedade é “whatsthis” (Que é isto?), e o seu valor é o texto que amosará a axuda contextual.
Translations:Contribute/39/glPor sorte, escribir esta documentación adoita ser doado, pois existen ferramentas moi fáciles de usar para traballar no deseño das interfaces de usuario. Ademais, os coñecementos adquiridos para modificar e definir este tipo de documentación valeranlle máis adiante para traballar noutras cuestións relativas ás interfaces de usuario. A infraestrutura Qt —a base das tecnoloxías de KDE— permite separar o código da interface. Por tanto poden darse dous casos: (1) que a interface de usuario estea definida como parte do código xeral do ''aplicativo'' (ficheiros .cpp, xeralmente), ou (2) que estea definida en ficheiros de Qt Designer (ficheiros XML con extensión .ui). O segundo caso é o máis doado. Se non ten instalado o ''aplicativo'' Qt Designer, instale o paquete de desenvolvemento de Qt da súa distribución, ou o propio paquete de Qt Designer en caso de haber un.
Translations:Contribute/40/glA [http://bddf.ca/~aseigo/whatsthis_tutorial/ Aprendizaxe sobre “Que é isto?”] (''en inglés''), escrita por Aaron J. Seigo, consiste nunha guía detallada sobre como empregar Qt Desginer para escribir este tipo de documentación, e como traballar directamente co código fonte.
Translations:Contribute/27/gl== Involucrarse na busca de erros e control de calidade ==
Translations:Contribute/28/glKDE fornece un gran número de ''aplicativos'', e non todas elas contan cun mantedor que se adique a xestionar os seus informes de erros ou a colaborar en todos o que fai falla para converter un código que simplemente funciona nun ''aplicativo'' de calidade.
Translations:Contribute/29/glSe lle gustaría axudar en KDE pero non sabe moi ben por onde comezar, pode que lle interese converterse en parte do equipo de control de calidade de KDE; infórmese no [http://techbase.kde.org/Contribute/Quality_Team sitio web do equipo]. Teña en conta que para formar parte do equipo non é necesario ter coñecementos de programación. Porén, se quere programar, os ''desenvolvedores'' publican de cando en vez os chamados [http://community.kde.org/KDE/Junior_Jobs ''traballiños''], para animar a novos contribuidores a unirse á comunidade.
Translations:Contribute/30/glPor suposto, para contribuír á busca de erros non é necesario formar parte do equipo de control de calidade de KDE. Abonda con rexistrar unha conta no [http://bugs.kde.org sistema de seguimento de erros de KDE], e comezar a buscar ou explorar os informes de erros. E como xa se dixo antes, non é necesario saber programar. Aos programadores axúdalles e moito simplemente saber dun procedemento que poidan seguir para reproducir os erros de forma consistente.
Translations:Contribute/31/glO [[Contribute/Bugsquad|''equipo anti-erros'']] procura manter un seguimento dos erros do ''software'' de KDE e asegurarse de que os ''desenvolvedores'' atenden aos informes de erros correctamente redactados. Para formar parte do equipo non é necesario ter ningunha clase de coñecemento de programación; de feito, esta é unha boa forma de devolverlle algo á comunidade de KDE para aquelas persoas que non saben programar.
Translations:Contribute/41/gl== Interfaces de usuario ==
Translations:Contribute/42/glO tema das interfaces de usuario é moi amplo, e moi subxectivo. Algo que resulta obvio para algúns pode resultar absurdo para outros, e viceversa. Polo tanto, ''non asuma, argumente'', con claridade, e manifestando os pasos que segue a súa lóxica. Á hora de discutir sobre o tema, faga uso dun razoamento obxectivo e un bo sentido común.
Translations:Contribute/43/glFacer unha análise rápida dunha interface de usuario é doado, pero convencer á xente de cambiar a interface non é tal. A súa análise resultará máis convincente se incorpora información das directrices de KDE, análise de aplicativos e sistemas da competencia, principios de deseño xerais mencionados en moitos libros, e probas e opinións (anecdóticas) dos usuarios. Trátase dun proxecto de voluntarios, e aínda no caso de que todo o mundo estea de acordo coa proposta, alguén terá que levala a cabo.
Translations:Contribute/44/glA [http://mail.kde.org/mailman/listinfo/kde-usability lista de correo de ergonomía (''facilidade de uso'') de KDE] é moi activa, e un bo lugar para a discusión das ideas que teña. O seu ''sitio web'' é [http://techbase.kde.org/Projects/Usability http://techbase.kde.org/Projects/Usability]. Se xa é un experto en ergonomía, bótelle unha ollada a [http://www.openusability.org/ OpenUsability.org], un proxecto que xunta ''desenvolvedores'' de software libre e expertos en ergonomía, e que colabora activamente con KDE.
Translations:Contribute/45/glExisten algúns documentos que poden servir de guía, como [http://developer.kde.org/documentation/standards/kde/style/basics/index.html Directrices para as interfaces de usuario de KDE — Estándares de deseño] e [http://developer.kde.org/documentation/design/ui/index.html Directrices para as interfaces de usuario de KDE — Principios de deseño].
Translations:Contribute/46/glEntre as competencias da análise de interface de usuario están tarefas como comprobar que os atallos de teclado son coherentes entre os distintos aplicativos de KDE, asegurarse de que os diálogos son directamente relevantes para a interacción esperada polo usuario, ou atopar usuarios do software de KDE para observar a forma na que desenvolven os seus fluxos de traballo habituais.
Translations:Contribute/32/gl== Obter respostas ==
Translations:Contribute/33/glSe ten preguntas sobre o desenvolvemento de KDE, as opcións de que dispón son basicamente as mesmas das que dispón calquera outro usuario, con algunhas diferencias:
<blockquote>
:* '''Lea a lista de preguntas frecuentes de desenvolvedores'''. A resposta a moitas das preguntas máis comúns dos desenvolvedores teñen resposta na lista de [[Development/FAQs|preguntas frecuentes de desenvolvedores de KDE]]
:* '''Busque en sitios web de KDE'''. Moitas das súas preguntas terán a súa resposta nalgún dos sitios web de KDE, incluíndo os de documentación. Pode buscar contido en todos os sitios web de KDE desde o sitio principal. Non esqueza, ademais, de buscar en [http://techbase.kde.org KDE TechBase]. E, de ser posíbel, axude a editar o wiki para clarificar o que non estea claro, e empregue a páxina de conversa se non entende algo.
:* '''Busque nas listas de correo'''. Seguro que moitas das súas preguntas xa se formularon e responderon nas listas de correo de KDE, en especial nas listas ''kde-devel'', ''kde2-porting'', ''kde-core-devel'', ''kde-games-devel'', ''kfm-devel'' e ''koffice-devel''. Pode buscalas en [http://lists.kde.org/ lists.kde.org]. Busque sempre antes de preguntar na lista; os correos da lista chéganlles a milleiros de persoas, e cómpre evitar os correos innecesarios.
:* '''Motores de busca'''. Non esqueza facer uso do seu motor de busca preferido. Un dos máis efectivos é Google, co que pode [http://groups.google.com/ buscar en sitios de novas], especialmente útil para cuestións xerais de programación.
Translations:Contribute/34/gl:* '''Lea o código fonte'''. En http://websvn.kde.org e https://projects.kde.org/ poderá navegar polo código fonte do software de KDE. Procure ler os rexistros de cambios e as diferencias no código no que vai traballar; conseguirá certa perspectiva.
:* '''Pregunte nas listas de correo de KDE'''. Se aínda non atopou unha resposta, probe a preguntar nunha das listas mencionadas nun punto anterior.
:* Para preguntas sobre o desenvolvemento principal ou de aplicativos de terceiros baseados na plataforma de KDE, e salvo que estea especialmente interesado en [http://konqueror.kde.org/ Konqueror], [http://www.koffice.org/ KOffice], xogos ou desenvolvemento con Java, a súa mellor opción será [mailto:kde-devel@kde.org kde-devel] [mailto:kde-devel-request@kde.org?subject=subscribe (subscribirse)].
:* Para cuestións sobre o desenvolvemento de Konqueror ten [mailto:kfm-devel@kde.org kfm-devel] [mailto:kfm-devel@kde.org?subject=subscribe (subscribirse)]
:* Para cuestións sobre o desenvolvemento de KOffice ten [mailto:koffice-devel@kde.org koffice-devel] [mailto:koffice-devel-request@kde.org?subject=subscribe (subscribirse)]
:* Para cuestións sobre desenvolvemento de xogos ten [mailto:kde-games-devel@kde.org kde-games-devel] [mailto:kde-games-devel-request@kde.org?subject=subscribe (subscribirse)]
:* Para cuestións sobre [http://qt.nokia.com/ desenvolvemento con Qt], empregue a [http://lists.trolltech.com/qt-interest/ lista de correo oficial de Qt].
</blockquote>
Translations:Contribute/35/glPara ver todas as listas de correo de KDE dispoñíbeis, vaia [http://www.kde.org/mailinglists/ aquí] ou [http://mail.kde.org/mailman/listinfo aquí].
Translations:Contribute/36/gl[[Category:Preguntas habituais/gl]]
NavigationShowing 47 messages.
KDE® and the K Desktop Environment® logo are registered trademarks of KDE e.V.Legal