KDE System Administration (gl)

Revision as of 23:38, 17 May 2008 by Tampakrap (Talk | contribs)

(diff) ← Older revision | Latest revision (diff) | Newer revision → (diff)
Jump to: navigation, search


Contents

KDE System Administration


Esta sección fornece información para que os administradores de sistema que están a instalar KDE ou a xestionar o KDE xa instalado na súa organización o poidan facer con eficacia.

Sistema de ficheiros

Sintaxe do ficheiro de configuración
O ficherios de configuración de KDE baséanse en texto. Conteñen grupos de pares chave-valor. Esta sección explica a súa sintaxe. Cobre:
  • localización,
  • variábeis de consola,
  • bloqueo completo ou parcial dos ficheiros de configuración,
  • utilidades de edición,
  • outras funcións avanzadas.
A hierarquía de KDE
Este artigo describe como utiliza KDE o sistema, onde procura os ficheiros e onde os almacena. Explica como mudar esas ubicacións. Tamén se lle dá unha ollada xeral á configuración predefinida que empregan os vendedores de sistemas operativos máis importantes.
A hierarquía de XDG
Complementando ahierarquía do sistema de ficheiros de KDE, KDE tamén emprega diversos directorios, tal e como se definen nas especificacións de XDG en freedesktop.org. Este artigo documenta as rotas empregadas e os seus propósitos.

Sesións de escritorio

Variábeis de contorno
Disponse dunha diversidade de variábeis de contorno, que se documentan neste artigo, para influír sobre aspectos de KDE e o comportamento das aplicacións de KDE no momento de se executaren.
Secuencia de inicio do escritorio
Durante o arranque, KDE inicia os componentes visíbeis do escritorio, así como varios servizos que se executan no fodno. Este artigo describe a secuencia de arranque, bótalle unha ollada xeral a algúns dos servizos que se inician e explica como realizar alteracións.
Xestor de acceso
O Xestor de Visualización de KDE (KDM) fornece servizos que normalmente se asocian cun xestor de acceso. O primeiro contacto que os usuarios teñen cun sistema KDE é normalmente a pantalla de acceso de KDM. Esta sección cobre os elementos básicos de configuración de KDM, ademais doutros temas avanzados, como o acceso remoto, o acceso automático e máis.

Perfís de grupo e de usuario

Introdución a Kiosk
A estrutura Kiosk fornece un conxunto de funcións que permite restrinxir de xeito doado e potente as capacidades dun ambiente KDE baseado en credenciais de usuario e de grupo. Ademais dunha ollada xeral introdutoria, este artigo cobre o bloqueo da configuración, restricións de acción e recursos, asignar perfís a usuarios e grupos e máis.
Chaves de quiosque
Este documento detalla chaves de kiosk globais e específicas das aplicacións para restricións sobre as accións, os recursos e os URLs, o que a converte nunha guía de referencia boa no momento de configurar un perfil de quiosque.
Recursos adicionais
Ligazóns a ferramentas, listas de correo e documentación adicional relacionado cos perfís de usuario e de grupo en KDE.

Ferramentas

KioskTool
Aplicación gráfica que axuda a xestionar os perfís de usuario e de grupo no Kiosk de KDE.
Compartir escritorio
As posibilidades de Compartir o Escritorio KDE permiten compartir o escritorio con outros de maneira remota. Entre outros usos, esta función permite que o persoal técnico poida dar axuda directa.
Usar os diálogos de KDE en guións de consola
Pode empregar guións de consola de KDialog para mostrar diversos diálogos de KDE. Isto fornece unha integración sen costuras das súas propias melloras á interface gráfica.
Controlar acceso a contido fornecido por Obter Novas Cousas
Dá información acerca de como controlar o contido baixado da internet pola nova función Obeter Novas Cousas de KDE.

KDE® and the K Desktop Environment® logo are registered trademarks of KDE e.V.Legal