|
|
| Line 1: |
Line 1: |
| − | {{Template:I18n/Language Navigation Bar|KDE System Administration}}
| + | |
| | | | |
| | Esta sección fornece información para que os administradores de sistema que están a instalar KDE ou a xestionar o KDE xa instalado na súa organización o poidan facer con eficacia. | | Esta sección fornece información para que os administradores de sistema que están a instalar KDE ou a xestionar o KDE xa instalado na súa organización o poidan facer con eficacia. |
Latest revision as of 13:15, 15 July 2012
Esta sección fornece información para que os administradores de sistema que están a instalar KDE ou a xestionar o KDE xa instalado na súa organización o poidan facer con eficacia.
[edit] Sistema de ficheiros
- Sintaxe do ficheiro de configuración
- O ficherios de configuración de KDE baséanse en texto. Conteñen grupos de pares chave-valor. Esta sección explica a súa sintaxe. Cobre:
- localización,
- variábeis de consola,
- bloqueo completo ou parcial dos ficheiros de configuración,
- utilidades de edición,
- outras funcións avanzadas.
- A hierarquía de KDE
- Este artigo describe como utiliza KDE o sistema, onde procura os ficheiros e onde os almacena. Explica como mudar esas ubicacións. Tamén se lle dá unha ollada xeral á configuración predefinida que empregan os vendedores de sistemas operativos máis importantes.
- A hierarquía de XDG
- Complementando ahierarquía do sistema de ficheiros de KDE, KDE tamén emprega diversos directorios, tal e como se definen nas especificacións de XDG en freedesktop.org. Este artigo documenta as rotas empregadas e os seus propósitos.
[edit] Sesións de escritorio
- Variábeis de contorno
- Disponse dunha diversidade de variábeis de contorno, que se documentan neste artigo, para influír sobre aspectos de KDE e o comportamento das aplicacións de KDE no momento de se executaren.
- Secuencia de inicio do escritorio
- Durante o arranque, KDE inicia os componentes visíbeis do escritorio, así como varios servizos que se executan no fodno. Este artigo describe a secuencia de arranque, bótalle unha ollada xeral a algúns dos servizos que se inician e explica como realizar alteracións.
- Xestor de acceso
- O Xestor de Visualización de KDE (KDM) fornece servizos que normalmente se asocian cun xestor de acceso. O primeiro contacto que os usuarios teñen cun sistema KDE é normalmente a pantalla de acceso de KDM. Esta sección cobre os elementos básicos de configuración de KDM, ademais doutros temas avanzados, como o acceso remoto, o acceso automático e máis.
[edit] Perfís de grupo e de usuario
- Introdución a Kiosk
- A estrutura Kiosk fornece un conxunto de funcións que permite restrinxir de xeito doado e potente as capacidades dun ambiente KDE baseado en credenciais de usuario e de grupo. Ademais dunha ollada xeral introdutoria, este artigo cobre o bloqueo da configuración, restricións de acción e recursos, asignar perfís a usuarios e grupos e máis.
- Chaves de quiosque
- Este documento detalla chaves de kiosk globais e específicas das aplicacións para restricións sobre as accións, os recursos e os URLs, o que a converte nunha guía de referencia boa no momento de configurar un perfil de quiosque.
- Recursos adicionais
- Ligazóns a ferramentas, listas de correo e documentación adicional relacionado cos perfís de usuario e de grupo en KDE.
[edit] Ferramentas
- KioskTool
- Aplicación gráfica que axuda a xestionar os perfís de usuario e de grupo no Kiosk de KDE.
- Compartir escritorio
- As posibilidades de Compartir o Escritorio KDE permiten compartir o escritorio con outros de maneira remota. Entre outros usos, esta función permite que o persoal técnico poida dar axuda directa.
- Usar os diálogos de KDE en guións de consola
- Pode empregar guións de consola de KDialog para mostrar diversos diálogos de KDE. Isto fornece unha integración sen costuras das súas propias melloras á interface gráfica.
- Controlar acceso a contido fornecido por Obter Novas Cousas
- Dá información acerca de como controlar o contido baixado da internet pola nova función Obeter Novas Cousas de KDE.
This page was last modified on 15 July 2012, at 13:15. This page has been accessed 5,282 times.
Content is available under Creative Commons License SA 3.0 as well as the GNU Free Documentation License 1.2.