(Updated.) |
m (→Escoller unha versión) |
||
| Line 11: | Line 11: | ||
;Sincronización coa distribución de GNU/Linux | ;Sincronización coa distribución de GNU/Linux | ||
:Para atopar as dependencias de maneira doada, vexa a [[Distributions with KDE (gl)|páxina sobre distribucións de GNU/Linux con KDE]]. | :Para atopar as dependencias de maneira doada, vexa a [[Distributions with KDE (gl)|páxina sobre distribucións de GNU/Linux con KDE]]. | ||
| − | : | + | :Se busca crear un parche para un programa existente, quizais queira botarlle un ollo a [[Getting Started/EasyStartDevelopmentOnDebian (gl)|isto]]. |
;Últimas funcionalidades | ;Últimas funcionalidades | ||
Contents |
Languages: عربي | Asturianu | Català | Česky | Kaszëbsczi | Dansk | Deutsch | English | Esperanto | Español | Eesti | فارسی | Suomi | Français | Galego | Italiano | 日本語 | 한국어 | Norwegian | Polski | Português Brasileiro | Română | Русский | Svenska | Slovenčina | Slovenščina | српски | Türkçe | Tiếng Việt | Українська | 简体中文 | 繁體中文
As versións de KDE divídense en pólas que parten da principal (trunk). Os pasos a seguir para compilar cada unha desas pólas son moi similares. Porén, cada unha ten cadanseus requisitos previos.
Terá que decidir cal é a versión que quere e a frecuencia con que empregará o ambiente de desenvolvemento.
O contido deste wiki está escrito principalmente para as distintas versións da póla 4 de KDE e sistemas GNU/Linux. Para Windows, BSD ou a póla 3 de KDE bótelle unha ollada á sección correspondente na páxina sobre como compilar KDE.
Escolla onde quere instalar KDE, e manter os directorios do código fonte e compilación. En caso de empregar a versión do sistema de Qt, pode que sexa necesario instalar o complemento QCA como administrador (root).
Estes son os directorios de instalación recomendados para as distintas situacións:
Se non cumpre con algún dos requisitos previos, a compilación fallará. E a lista vai cambiando. Existen algunhas opcións, porén o sistema make pode atopar a miúdo paquetes opcionais aínda que non se pretenda empregalos, polo que pode resultar necesario desactivar algunhas desas opcións.
Estamos a migrar de SVN a Git. Estamos a sufrir importantes cambios na nosa infraestrutura, pero que quede claro que se trata dun cambio complexo e popularmente aceptado do que xa se avisara con tempo*.
A información sobre a solución de erros tampouco cambia moito dunhas versións a outras.
Os erros de compilación e ligazón adoitan ser o motivo de que algúns desistan. Anote coidadosamente a primeira aparición dun erro no seu proceso de compilación. Pode que se trate de algo tan simple coma unha variable de ambiente incorrecta, unha versión inesperada dunha biblioteca ou un requisito previo que non se cumpriu.
Revise os seus rexistros e busque como solucionar os erros. Se non dá atopada unha solución, probe nesta páxina sobre erros, na canle de IRC e nas roldas de correo. Pode que lle interese tamén botarlle unha ollada a esta páxina sobre casos de compilacións.
Unha vez compilado correctamente, interesaralle dispor dun bo xeito de iniciar programas e realizar as súas tarefas de desenvolvemento habituais:
O seu sistema non saberá empregar o seu novo KDE ata que lle “diga” como atopar os programas de bibliotecas de KDE.
Á hora de utilizar ferramentas de desenvolvemento, probablemente lle interese empregar os paquetes estables da súa distribución. Para máis información respecto do tema do desenvolvemento e documentación ao respecto, diríxase a esta páxina.
Pode que non necesite a ultimísima versión estable de KDE para o seu desenvolvemento. Gran parte do código vai ser idéntico dunha versión a outra, e pode que os parches que xere funcionen. Porén, a póla principal (trunk) é onde se realizan a maior parte dos cambios, e as pólas estables son principalmente para as tarefas de mantemento e a solución de erros.