Getting Started/Sources/Snapshots (gl)

< Getting Started‎ | Sources
Revision as of 22:36, 12 November 2008 by Tampakrap (Talk | contribs)

(diff) ← Older revision | Latest revision (diff) | Newer revision → (diff)
Jump to: navigation, search

Template:I18n/Language Navigation Bar (gl)

noframe
 
Warning
Traducido do inglés. Pode ter erros...


Instantáneas diarias do repositorio
Serie do tutorial   Comezando...
Prerequerimentos   None
Seguinte   Compilando KDE4
Máis información   Guía simple de acceso anónimo ao SVN
Productividade mellorada con guións de shell en KDE 4
Introdución a CMake

Se estás intentando obter o código dun módulo de KDE, entón hai un xeito de facer o, normalmente lento, proceso de obtelo, bastante máis rápido, grazas as instantáneas automaticamente xeradas do repositorio de KDE, que se atopa convenientemente almacenado no FTP de KDE. Esta páxina describe como realizar unha obtención ("checkout" en adiante) usando unha instantánea modular.

Ten en conta que estas instantáneas son checkouts reais de subversión contendo toda a metadata requirida por SVN. Este método é, de feito, a maneira máis rápida de obter un módulo, grazas á abundancia de servidores espello de FTP.

noframe
 
Note
Este método só funciona se o modulo que ti queres foi xerado pola noite (a maioría deles foino), e se queres a versión troncal do módulo.

Obter a instantánea

Primeiro vai a O redireccionador de servidores espello de KDE e elixe o mellor servidor FTP segundo a túa localización. Normalmente este será un servidor do teu país ou estado. Fai click na ligazón do servidor FTP e navega ao directorio snapshots. Neste directorio haberá unha longa lista de módulos arquivados.

Se queres descargar o módulo co seguinte formato: kdemodule-svn.tar.bz2. Segue adiante e grava ese arquivo algures no teu disco duro. Deberás ser quen de chegar ata esa ruta dende a liña de comandos.

noframe
 
Note
É importante que o módulo que descargues teña a terminación -svn no nome. Hai outro tipo de instantáneas no mesmo directorio, pero só as da terminación -svn teñen a información necesaria para completar a obtención.

A receita

Unha vez descargado, abre un terminal e fai o seguinte:

cs # cs non é un comando
tar xvjf /path/to/kdemodule-svn.tar.bz2
cd kdemodule
svn revert -R . # Este paso recupera os arquivos perdidos.
svn up          # Este paso actualiza as fontes dende o último código disponible, e é opcional.

Últimos avisos

Xa está! Obtiveches un módulo de KDE correctamente. Algunhas cousas que tes que lembrar:

  • Cada instantánea dun módulo conten un arquivo especial chamado README.svn-nightly que conten información sobre como usar a instantánea. Xa realizaches os pasos de revertir e actualizar o svn.
  • Os módulos están xa configurados para actualizarse do repositorio anónimo de subversión de KDE (svn://anonsvn.kde.org/). Se isto non che vale (porque por exemplo es un programador) podes usar o comando de svn "switch" para arranxar o checkout como está descrito no arquivo README.svn-nightly.
    • Vai ao directorio das fontes do módulo (cs <nomeModule>)
    • Se usas subversion sobre túnel SSH, executa svn switch --relocate svn://anonsvn.kde.org svn+ssh://<user>@svn.kde.org
    • Se usas subversion sobre HTTPS, fai svn switch --relocate svn://anonsvn.kde.org https://<user>@svn.kde.org
    • (Isto funciona deste xeito svn switch --relocate reescribe os metadatos de SVN do módulo, substituíndo a primeira cadea (svn://anonsvn.kde.org) da URL do repositorio cunha segunda cadea (svn+ssh: ou https:). Isto faise localmente sen ningún tipo de contacto co repositorio que usaches para adquirilo.
  • Se queres manter o modulo actualizado no futuro, só executa svn up. Non tes que continuar descargando instantáneas, pois isto sería lento e ineficiente.

This page was last modified on 12 November 2008, at 22:36. This page has been accessed 4,275 times. Content is available under Creative Commons License SA 3.0 as well as the GNU Free Documentation License 1.2.
KDE® and the K Desktop Environment® logo are registered trademarks of KDE e.V.Legal