(lang bar) |
Juanchinho (Talk | contribs) m |
||
| Line 4: | Line 4: | ||
series=Empezando...| | series=Empezando...| | ||
| − | name=Guía | + | name=Guía de consulta rápida do SVN anónimo| |
next=[[../../Build/KDE4|Compilando KDE 4]]| | next=[[../../Build/KDE4|Compilando KDE 4]]| | ||
Contents |
Languages: عربي | Asturianu | Català | Česky | Kaszëbsczi | Dansk | Deutsch | English | Esperanto | Español | Eesti | فارسی | Suomi | Français | Galego | Italiano | 日本語 | 한국어 | Norwegian | Polski | Português Brasileiro | Română | Русский | Svenska | Slovenčina | Slovenščina | српски | Türkçe | Tiếng Việt | Українська | 简体中文 | 繁體中文
| Serie do tutorial | Empezando... |
| Prerequerimentos | None |
| Seguinte | Compilando KDE 4 |
| Máis información | Control de versións con SVN (eng) |
Para eses aos que lles gusta estar á última hai un xeito sinxelo de ter unha copia local das fontes de KDE actualizada. Xa non hai que ir a ftp.kde.org ou ter que ferrallar na hostia de servidores ventás buscando unha copia que estivera ao día! Cunha simple liña de comando poderemos ter o código fonte de KDE ao dia grazas ao SVN anónimo.
Ten en conta que moitas dristribuzóns xa teñen paquetes do SVN de KDE, polo que compilar Qt e KDE pode non ser absolutamente necesario Bótalle unha ollada a Getting_Started/Distribution_Packages para instrucións e información
Usar SVN anónimo é sinxelo:
Primeiro de todo, instala os binarios de subversion (svn) se é que aínda non o tes. A túa distribución debería ter paquetes. Alternativamente podes descarregalo da web de svn. Le o tutorial de Subversion de KDE se estás interesado en saber como usar Subversion.
/home/kde/trunk/ (a miúdo referido como trunk (tronco), para abreviar) é onde se está a desenvolver KDE 4 (baseádo en Qt 4). O seguintes modilos son os mínimos que precisarás para compilar KDE e o software de KDE:
svn co svn://anonsvn.kde.org/home/kde/trunk/KDE/kdelibs svn co svn://anonsvn.kde.org/home/kde/trunk/KDE/kdebase
| Tip |
|---|
| Usa somentes "svn co" ou "svn checkout" para a obtención (checkout) inicial, para actualizar logo a túa copia local usa "svn up modulename" ou "svn update modulename". |
| Tip |
|---|
| Se tes un firewall que non permite acceder a portos arbitrariamente sustitue svn://anonsvn.kde.org/ por svn://websvn.kde.org:443/ enriba. |
| Tip |
|---|
| Actualmente, o luns é o dia no que se permiten os cambios gordos no módulo kdelibs en trunk. Por mor disto, pode que prefiras evitar actualizar as túas fontes locais o luns, salvo que estés a traballar nas propias kdelibs, pois pode haber rupturas temporais ao longo do día. |
qt-copy é a copia da última versión estábel de Qt que traballa con KDE, posto por iso no SVN. Tamén conten parches adicionais que corrixen problemas (bugs) ou engaden melloras que aproveita KDE e por iso está recomentado para os que traballan sobre trunk. Podes obter qt-copy facendo:
svn co svn://anonsvn.kde.org/home/kde/trunk/qt-copy
Se desexas ter unha copia completa de KDE, só tes que pór:
svn co svn://anonsvn.kde.org/home/kde/trunk/KDE
Ollo! Isto vai baixar moito código fonte!. O servidor pode reducir a prioridade das peticións grandes de svn. Dependendo da carga do servidor, pode tardar bastante.
| Note |
|---|
| É máis intelixente para o primeiro uso tirar do visor web do repositorio das fontes de KDE. Usa iso para elixir que módulos descarregar. Este é o xeito máis rápido para instalar e probar KDE. |
Se queres paquetes extra podes obter no mesmo trunk/:
koffice extragear playground kdereview
Se por exemplo queres obter o trunk de koffice usa:
svn co svn://anonsvn.kde.org/home/kde/trunk/koffice
Se queres obter módulos de trunk/ podes aforrar tempo usando as instantáneas do repositorio. O uso dos repositorios está descrito na páxina do tutorial das instantáneas de Subversion.
Se prefires usar KDE 3 en lugar de estar á última, usa:
svn co svn://anonsvn.kde.org/home/kde/branches/arts/1.5/arts svn co svn://anonsvn.kde.org/home/kde/branches/KDE/3.5/
Consigue tamén a copia de qt:
svn co svn://anonsvn.kde.org/home/kde/branches/qt/3.3/qt-copy
Os módulos de KDE están etiquetados en cada lanzamento, polo que é posíbel obter unha versión específica de KDE. A maior parte dos módulos teñen o formato tags/KDE/X.Y.Z (onde X, Y e Z representan a versión exacta). O modulo de arts (somentes necesitado para KDE 2 e KDE 3) ten un formato diferente de etiquetado, tags/arts/X.Y.Z. Por exemplo, obter kdelib tal como foi lanzado en KDE 3.5.0, fai:
svn co svn://anonsvn.kde.org/home/kde/tags/KDE/3.5.0/kdelibs/
Se queres actualizar a KDE 3.5.5, usa este comando:
svn switch svn://anonsvn.kde.org/home/kde/tags/KDE/3.5.5/kdelibs
| Tip |
|---|
| Se usaches unha ruta do tipo /branch/ ou /trunk/ non tes que cambiar de versión co comando switch, simplemente fai svn update. |
Se estás buscando por traducións ou outro tipo de localizacións, podes obter a linguaxe que queiras no módulo l10n.
| Warning |
|---|
| O módulo l10n module é a hostia de grande. Asegurade de ter moito tempo e moito espazo en disco antes de descarregar un módulo l10n enteiro. A maior parte da xente só precisará os subdirectorios específicos da súa linguaxe en lugar do módulo l10n completo. |
Estás listo para comezar a compilar KDE! Visita esta páxina para instrucións sobre como compilar o trunk ou esta páxina para instrucións sobre compilar a última versión estábel.
svn switch --relocate svn://anonsvn.kde.org/ svn://kde.mneisen.org/
Se estás interesado en proporcionar un servidor ventá, contacta con Dirk Mueller.