Languages: عربي | Asturianu | Català | Česky | Kaszëbsczi | Dansk | Deutsch | English | Esperanto | Español | Eesti | فارسی | Suomi | Français | Galego | Italiano | 日本語 | 한국어 | Norwegian | Polski | Português Brasileiro | Română | Русский | Svenska | Slovenčina | Slovenščina | српски | Türkçe | Tiếng Việt | Українська | 简体中文 | 繁體中文
| Serie do tutorial | Empezando... |
| Prerequerimentos | Guía de consulta rápida do SVN anónimo |
| Seguinte | Configurar KDE 4 para desenvolvimento |
| Máis información | kdesvn-build: Ferramenta para a compilación de KDE dende Subversion Productividade mellorada con guións de shell en KDE 4 Introdución a CMake Notas sobre FreeBSD Instrucións para Mac OS X Instrucións para MS Windows |
Este titorial mostra un xeito de obter KDE desde trunk, usando sistemas baseados en Linux ou BSD. Hai tamén titoriais para FreeBSD, Windows, Mac OS X e Solaris. Ao longo do titorial será usada intensivamente unha terminal de tipo bash.
| Os luns córrese un maior risco de erros na compilación, pois é cando se entregan os cambios nas kdelibs. O dashboard avisa desas rupturas imprevistas. Animámoste a corrixir os módulos que fallen. |
|---|
| Atención |
O seguinte debe estar instalado no seu sistema para poder rematar este manual de xeito satisfactorio:
En Ark Linux, as dependencias para a compilación instálanse así:
apt-get install devel-core libxml-devel libxslt-devel bzip2-devel \
clucene-devel librdf-devel shared-mime-info xorg-Mesa-libGL-devel \
subversion boost-devel doxygen giflib-devel dbus-devel openssl-devel \
alsa-lib-devel kdesdk-scripts qt4-devel
Se prefire unha interface gráfica, escolla os pacotes listados enriba na ferramenta de "Install Software" no Mission Control. Isto inclúe a instalación de CMake, DBus e Qt, polo que pode pasar dos pasos 5, 6 e 7.
En Kubuntu 7.04 (Feisty) (e, posibelmente 7.10) as dependencias para a compilación que ten que ter instaladas fanse así:
sudo aptitude install build-essential cdbs debhelper cmake \
libxml2-dev libxslt1-dev libbz2-dev libclucene-dev librdf-dev \
shared-mime-info libgl1-mesa-dev libglu1-mesa-dev mesa-common-dev \
libxext-dev libjpeg-dev libpng-dev subversion libsm-dev libxinerama-dev \
libxrender-dev libfontconfig-dev libboost-dev libxcursor-dev doxygen \
libungif4-dev libdbus-1-dev libgpgme11-dev libssl-dev libgpgme11-dev \
libasound2-dev kdesdk-scripts
Pode evitar a instalación manual de CMake 2.4.6 e DBus facendo:
sudo aptitude install libdbus-1-dev cmake
Para ter un framework completamente funcional para a documentación do API tamén precisará:
sudo aptitude install graphviz
En openSUSE 10.2 e posteriores, pode instalar pacotes usando a ferramenta Zypper:
sudo zypper install <package-name>
En versións vellas de SUSE, podes usar YaST:
su
yast -i <nomepacote>
Pacotes precisos
Os pacotes que precisará instalar son os seguintes:
xorg-x11-devel
libxml2-devel
kdesdk3
clucene-core-devel
boost-devel
libjpeg-devel
liblrdf-devel
libpng-devel
libxslt-devel
libredland-devel
Mesa-devel
giflib-devel
subversion
gcc
gcc-c++
gmp-devel (needed to build kdesupport)
xine-devel
libgpgme-devel (needed to build kdepimlibs)
Pacotes opcionais
Pode saltar a instalación de Qt 4.3, CMake 2.4.6 e DBus engadindo o repositorio do Servizo de Compilación de KDE 4 de openSUSE (openSUSE Build Service KDE4 Repository) ás súas fontes de compilación.
Para openSUSE 10.2 e superior execute:
sudo zypper service-add http://software.opensuse.org/download/KDE:/KDE4/openSUSE_10.2 KDE4-102
Para versións antigas de SUSE Linux execute:
su
installation_sources -a http://software.opensuse.org/download/KDE:/KDE4/[A TÚA VERSIÓN DE SUSE]
Agora instale os seguintes pacotes (e as súas dependencias):
cmake
dbus-1-devel
libqt4-devel
Para ter un framework completamente funcional para a documentación do API tamén precisará:
graphviz
Os pacotes cos binarios de CMake para openSUSE están disponíbeis no servizo de compilación de openSUSE.
Para ter as ebuilds máis estábeis lembre sincronizar a árbore de portage antes de comezar.
Precísase que estexan unmasked e/ou mantidas(kept) nunha versión anterior para continuar.
Comprobe que ten activada a bandeira berkdb USE para redland, ou nepomuk non funcionará:
Estes son os pacotes que ten que instalar, moitos deles xa estarán instalados no seu sistema, polo que pode saltalos engadindo a bandeira de update en emerge.
$ emerge -avu ebuild/name
sys-devel/gcc dev-util/subversion dev-util/pkgconfig x11-base/xorg-x11 media-libs/glut media-libs/mesa media-libs/jpeg media-libs/libpng media-libs/giflib dev-cpp/clucene dev-util/cppunit media-libs/liblrdf dev-libs/libxml2 dev-libs/libxslt x11-misc/shared-mime-info kde-base/kdesdk-scripts dev-libs/boost x11-libs/qt dev-util/cmake sys-apps/dbus dev-libs/redland
Supondo que fixese emerge desas ebuilds, pode saltar os pasos de compilación a man e proceder á sección de kdesupport.
Boa sorte!
Pode instalar os pacotes de KDE4 directamente mediante:
emerge -a <packagename>
Para conseguir as cousas que precisa, install layman e and then pull in the KDE overlay (que contén ebuilds experimentais de KDE):
layman -a kde
Logo disto precisa axustar algunhas bandeiras USE KDE 4 e dicirlle a portage que use as ebuilds de proba de KDE 4 en lugar das estábeis de KDE 3.
Deste xeito portage encargarase das dependencias por si.
Pode achar instrucións detalladas para compilar KDE 4 en Gentoo via portage no wiki de overlay sobre KDE. Tamén se fala no fío: KDE 4 monolithic ebuilds.
|
Algunha xente usa contas de usuário separadas para KDE 4 (por se, por exemplo, un bug elimina arquivos por erro), as instrucións a seguir están escritas segundo esa aproximación. Sen embargo, é moito máis eficiente ter todo nunha simple conta de usuario, bótalle unha ollada a Productividade mellorada con guións de shell en KDE 4 para máis detalles. De todos os xeitos, podes seguir as instrucións de abaixo, pero non poñas variábeis de entorno no teu .bashrc, ponas nun arquivo separado das tuas fontes para intercambialo co entorno de KDE 4. |
|---|
| Nota |
useradd -m kde-devel
passwd kde-devel
No canto de usar os comando de enriba, podes usar o módulo de usuario do Centro de Control de KDE, se xa tes instalado KDE 3.
Copia o ~/.bashrc do teu usuario normal á nova conta de kde-devel. De seguir, copia e pega os contidos do .bashrc de exemplo en ~kde-devel/.bashrc. Asegura-te de comentar a liña alias make=makeobj se non tes o comando makeobj disponíbel. Posíbelmente querrás modificar o path (camiño) para ter seguro que non inclue os paths do teu KDE3. Por outro lado, se queres desenvolver aplicacións KDE4 con KDevelop, podes pasarlle a opción -GKDevelop3 a cmake para que xere os arquivos de proxecto (podes atopar máis información aquí). Para facelo executar, tes que ter aberta unha nova bash ou executar:
source ~/.bashrc
Isto proporcionará aceso aos comandos como cmakekde que son usados ao longo deste tutorial asi como asegurará que os paths aos binarios de Qt, KDE e CMake están correctamente.
Para máis información, bótalle unha ollada ao tutorial de Productividade mellorada con guións de shell en KDE 4.
Para usar o novo usuário kde-devel: (non esquezas o guión)
su - kde-devel
Algúns sistemas están configurados para que os novos usuarios usen /bin/sh por defecto. Se non é o caso no teu podes saltarte esta sección (por exemplo se usas Ark Linux). Traballar con /bin/sh pode ser moi inconvinte, probablemente queras cambiala a /bin/bash ou outra consola.
Se non tes privilexios de root e o teu sistema soporta o cambio da túa propia consolo co comando chsh, podes cambiala a /bin/bash con:
chsh -s /bin/bash kde-devel
Se o teu sistema inclúe o comando usermod podes executa-lo seguinte coma root:
usermod -s /bin/bash kde-devel
.
Outra opción é executa-lo comando vipw coma root para editar /etc/passwd de forma segura. Procura 'kde-devel' no arquivo e cambia '/bin/sh' no final da liña por '/bin/bash', garda os cambios e sae.
Poderás usa-la nova consola cando voltes a entrar coma usuario kde-devel.
QtDBus e KDE funcionan coas versións de D-Bus 0.62, 0.92 e posteriores. As versións 0.60 e 0.61 tamén poderían funcionar, aínda que non foron probadas. As versións 0.90 e 0.91 non funcionan. Recomendamos usar versións posteriores á 1.0 (polo menos 0.94), considera actualizar se aínda non o fixeches.
Podes salta-la seguinte sección se tes unha versión de D-Bus suficientemente recente ou non desexas actualizala.
Antes de continuar asegúrate ter cabeceiras e bibliotecas X11 dispoñibles. A quinta liña do guión de configuración das seguintes instruccións debería ler:
Building X11 code: yes
| Non esquezas configura-lo entorno adecuadamente, tal coma se describiu na sección Configurando o entorno. É preciso para que as funcións cs e cb funcionen. |
|---|
| Consello |
cs # 'cs' é unha función bash, prema aquí para saber máis wget http://dbus.freedesktop.org/releases/dbus/dbus-1.0.2.tar.gz tar -xvzf dbus-1.0.2.tar.gz cd dbus-1.0.2/ ./configure --prefix=$DBUSDIR --localstatedir=/var make sudo make install sudo dbus-uuidgen --ensure
Tras cambiar ó directorio das fontes (liña 1) descárgase o código de D-Bus dende freedesktop.org (liña 2) e descomprímese (liña 3). Éntrase no directorio de D-Bus recén creado (liña 4) e configúrase á construcción usando o guión configure (liña 5). Unha vez D-Bus está construído (liña 6) e instalado (liña 7) usamo-la utilidade dbus-uuidgen para instalar un arquivo de identificación de máquina que permite executar D-Bus automáticamente ó comezo da sesión de escritorio (liña 8).
Ten en conta que precisas ter permisos de escritura en /var para os dous últimos pasos. Se o teu sistema non posúe o comando sudo podes usar su no seu canto, por exemplo su -c "make install".
Podes saltarte esta sección se tes instalado CMake versión 2.4.5 ou superior.
Deberías poder usar directamente os binarios dispoñibles na páxina de CMake. Tamén tes paquetes específicos para distintas distribucións.
cs # 'cs' é unha función bash, prema aquí para saber máis wget http://www.cmake.org/files/v2.4/cmake-2.4.6.tar.gz tar -zxf cmake-2.4.6.tar.gz mkdir cmake-build cd cmake-build ../cmake-2.4.6/bootstrap make sudo make install
Primeiro imos ó directorio das fontes do usuario kde-devel (liña 1), descargamo-las fontes de CMake (liña 2) e descomprimímolas (liña 3). Creamos un directorio onde construir CMake (liña 4) e entramos nel (liña 5). Executamo-lo guión autosuficiente de CMake para configura-la súa construcción (liña 6), construímolo (liña 7) e instalámolo usando o usuario root (liña 8).
Se o teu sistema carece do comando sudo podes executar su -c "make install" no seu canto.
A continuación precisamos a biblioteca Qt4 que reside no repositorio de KDE. Grántese a construcción de KDE con Qt 4.3 mentres que as versións 4.2 e anteriores non funcionarán. Deberías usa-la copia que reside nos servidores Subversion de KDE (ten en conta que algunhas distribucións (por exemplo Debian) adoitan ofrecer Qt cos parches de KDE xa aplicados polo que poderías querer "facer trampas" e usar a Qt precompilada da túa distribución).
cd svn checkout svn://anonsvn.kde.org/home/kde/trunk/qt-copy cd qt-copy ./apply_patches ./configure -qt-gif -no-exceptions -debug -fast \ -prefix $QTDIR -nomake examples -nomake demos make -j2
# se non o instalamos limparemos os arquivos obxecto
# para aforrar espacio
if [ $QTDIR = `pwd` ]; then \
find . -name '*.o' -exec rm {} \; ; \
else make install; fi;
Cambiamos ó directorio home do usuario kde-devel (liña 1) e descargamo-las fontes con subversion (svn) dende o repositorio de KDE (liña 2). Tras entrar no directorio qt-copy resultante (liña 3), executamo-lo guión que manexa os parches incluídos en qt-copy (liña 4).
Unha vez aplicados os parches configuramo-la construcción co guión configure (liñas 5 e 6). As distintas opcións do comando explícanse no arquivo qt-copy/README.qt-copy. Por último construímos Qt cos requerimentos mínimos para KDE (liña 7) e instalámola. Se o directorio de instalación é o actual (liña 8) liberamos espazo (liña 9). Se desexas obter tódolos exemplos e demostracións podes construílos individualmente ou simplemente executar make dende o directorio qt-copy.
Decátate de que a instalación non precisa privilexios root xa que instala Qt localmente en $QTDIR. En calquera caso só é precisa a instalación se $QTDIR é diferente a $HOME/qt-copy, o cal non é o caso se seguiches totalmente as instruccións.
Se obtés "error: X11/Xlib.h: No such file or directory", instala o paquete de desenvolvemento de xorg (o nome variará en distintas distribucións, por exemplo é xorg-dev en sistemas baseados en Ubuntu coma Kubuntu).
Se obtés erros acerca de definicións non atopadas no paso de configuración, comproba o valor de $QMAKESPEC. Algunhas distribucións fan que apunte directamente a Qt instalada no sistema. Se unset QMAKESPEC arranxa o problema probablemente queras engadilo ó guión ~/.bashrc.
Se obtés un erro ".pch/debug-shared/QtCore" é debido a que Qt-4.3 habilita cabeceiras precompiladas se o teu gcc o soporta, pero por alguha razón no che funciona. Se usas distcc, configura Qt con -no-pch. Se usas icecream actualiza á derradeira versión dende svn trunk.
Proba a executar calquera programa Qt coma assistant. Atención: Pode ser que precises executar xhost +local:kde-devel coma o teu usuario normal de kde3 para executar este programa. Se espeta en QSpanData::adjustSpanMethods enton o problema é o estilo oxygen. Tenta eliminar lib/kde4/plugins/styles/kstyle-oxygen.so e lib/kde4/plugins/styles/oxygen.so se existen no prefixo de instalación de KDE.
| Se chegaches a esta sección sen ler Configurando o entorno, as receitas non funcionarán. As receitas son correctas; cs e cb non son erratas. Precisas te-lo entorno configurado adecuadamente para que funcionen estas instruccións. |
|---|
| Atención |
En kdesupport están moitas bibliotecas das que dependen as aplicacións KDE, incluíndo Strigi e Soprano para procuras e metadatos, eigen para efectos visuail en aplicacións coma Kalzium, taglib para os reprodutores de audio e qca para as necesidades criptográficas.
Strigi ten unhas cantas dependencias de seu: precisarás as cabeceiras e bibliotecas para libz, libbz2, openssl (libcrypto ou libssl), libclucene (versión 0.9.16, a 0.9.17 non funciona), e libxml2 ou libexpat.
cs # cs non é unha errata svn checkout svn://anonsvn.kde.org/home/kde/trunk/kdesupport/ cd kdesupport cmakekde
Entramos no directorio das fontes (liña 1). Descargamo-las fontes en kdesupport con subversion (liña 2), entramos no novo directorio ~/kde/src/kdesupport (liña 3) e comezamos a construcción (liña 4). Uhna vez remate ficaremos no directorio de construcción.
Se obtés:
cmakekde: command not found
tes que ir manualmente ó directorio kdesupport e executa-lo comando cmakekde. Se continúa se funcionar debe haber un erro no teu .bashrc.
Se obtés:
CMake Error: This project requires some variables to be set, and cmake can not find them. Please set the following variables: LIBXML2_INCLUDE_DIR (ADVANCED)
tes que instala-los paquetes de desenvolvemento de libxml2.
Se obtés:
CMake Error: Could NOT find REDLAND
precisas librdf de Redland. Se a túa distribución non ofrece o paquete librdf, podes atopa-las fontes en http://download.librdf.org/source/ e construíla. (Usuarios de Gentoo: O ebuild para librdf chámase dev-libs/redland)
Se obtés:
Fetching external item into 'kdesupport/admin' Error validating server certificate for 'https://...'
bótalle un ollo a Usando Subversion con KDE.
Se obtés:
FILE cannot create directory: /usr/lib[64]/qt4/plugins/crypto. Maybe need administrative privileges. - - - make: *** [install] Error 255
bótalle un ollo ó arquivo .bashrc descrito arriba, ¿son correctos os camiños? Tamén pode ser que insalaches os paquetes qt4 da túa distribución saltandote a construcción de Qt descrita arriba. Constrúe qt-copy coma se describe arriba, se non funciona instálaa con "sudo make install"
Xa podemos comezar a construí-las bibliotecas base de KDE.
cs # cs non é unha errata mkdir KDE && cd KDE svn checkout svn://anonsvn.kde.org/home/kde/trunk/KDE/kdelibs cd kdelibs cmakekde
Entramos no directorio das fontes (liña 1), creamos o directorio KDE e entramos nel (liña 2). Descargamo-las fontes de kdelibs con subversion (liña 3), entramos no novo directorio ~/kde/src/KDE/kdelibs (liña 4) e comezamos a construír (liña 5). Unha vez rematada a construcción ficaremos no directorio de construcción de kdelibs.
| Pode haber dependencias incumpridas no teu sistema xa que é doado perder de vista esa información na saída de cmakekde. Podes executar cmake $KDE_SRC/KDE/NOME_MODULO antes de construi-los módulos para comprobalo. |
|---|
| Consello |
Hai módulos de CMake adicionais en kdelibs/cmake/modules/ precisos para construir aplicacións KDE4. Estes módulos instalaranse automáticamente cando instales kdelibs.
Se tes problemas construíndo kdelibs asegúrate de que o software indicado na sección Software necesario está instalado e funciona. Outras pistas posibles son:
Se cmakekde segue dando o mesmo erro proba esto:
cd cmake -DCMAKE_INSTALL_PREFIX=$KDEDIR \ -DCMAKE_BUILD_TYPE=debugfull \ -DKDE4_BUILD_TESTS=ON \ ~/kde/src/KDE/kdelibs make make install
CMake Error: KDE Requires Qt to be built with SSL support
, instala openssl-devel e recompila Qt.
kdelibs/kimgio/ico.cpp:188: undefined reference to `QImage::jumpTable()' significa que construiches Qt sen soporte Qt3.
Despois de kdelibs, mais antes de kdebase, precisas construír e instalar kdepimlibs.
cs KDE # cs non é unha errata svn checkout svn://anonsvn.kde.org/home/kde/trunk/KDE/kdepimlibs cd kdepimlibs cmakekde
Entramos no directorio das fontes (liña 1), descargámo-las fondes de kdepimlibs con subversion (liña 2) e entramos no novo directorio ~/kde/src/KDE/kdepimlibs (liña 3). Comezámo-la construcción (liña 4). Unha vez finalizada ficaremos no directorio de construcción de kdepimlibs.
Se tes problemas compilando kdepimlibs:
kdebase está dividido en tres partes:
Podes costruír todo kdebase dunha vez, coma se describe na receita de embaixo. Se só desexas construír kdebase-runtime, que é o único requisito, podes remprazar cd kdebase por cd kdebase/runtime na receita.
cs KDE # cs non é unha errata svn checkout svn://anonsvn.kde.org/home/kde/trunk/KDE/kdebase cd kdebase cmakekde
Se tes problemas compilando kdebase:
Anque a documentación da API de KDE está dispoñible en liña en api.kde.org, ás veces é útil tela no teu disco, por exemplo se desexas usar KDevelop para consultar a documentación ou non podes estar en liña todo o tempo.
Xerar a documentación pode levar varias horas e ocupa case medio gigabyte no disco. A xeración é levada a cabo por un guión en kdelibs/doc/api, precisas doxygen para executalo.
Para xerar a documentación da API de kdelibs, escribe o seguinte:
cs KDE/kdelibs # cs non é unha errata $KDE_SRC/KDE/kdelibs/doc/api/doxygen.sh \ --doxdatadir=$KDE_SRC/KDE/kdelibs/doc/common .
Repite para outros módulos se o desexas.
cd <module home> $KDE_SRC/KDE/kdelibs/doc/api/doxygen.sh \ --doxdatadir=$KDE_SRC/KDE/kdelibs/doc/common .
Outro método que é incluso máis doado consiste en descarga-lo arquivo Doxyfile ó teu sistema. Simplemente entra no directorio onde desexes xera-la documentación e executa
% doxygen /path/to/Doxyfile
Revisa o arquivo doxygen.log para ve-los avisos e erros. Atoparás a documentación no subdirectorio apidocs.
Para manter a instalación de KDE4 actualizada, cada modulo instalado debe ser actualizado periódicamente. O Luns é o día dos grandes cambios en kdelibs, Martes pode ser o mellor día para isto. Para cada módulo obtido, executa svn up e make.
Por exemplo:
cs kdesupport # cs non é un erro
svn up
cb # cb non é un erro
make -j2 VERBOSE=1 && make install
De vez en cando, despois de algún comando svn up, algunhas ferramentas usadas na cadea de construcción de KDE cambian o formato da súa saída. Por exemplo, os arquivos kcfg son lidos por kconfig_compiler para producir diálogos de configuración. CMake non detecta esos cambios, e a compilación podería fallar. Un rodeo e forzar sempre a rexeneración de todolos arquivos:
find $KDE_SRC/KDE/kdebase -name "*.kcfg" | xargs touch
O mesmo aplicase a arquivos ui producidos polo deseñador Qt.
Agora estás listo para comezar a construir outros módulos svn da mesma maneira que construiches kdebase, executa e proba KDE4 ou escribe os teus propios parches e aplicacións.
Mira o tutorial Configura KDE4 para desenvolvemento de como comezar aplicacións KDE 4 e como usar o KDevelop para traballar nelas.