Getting Started/Build/KDE4 (gl)

Jump to: navigation, search

Template:I18n/Language Navigation Bar (gl)

{{{3}}}
 
noframe
Esta é unha tradución incompleta.
Atención



Introdución

Este titorial mostra un xeito de obter KDE desde trunk, usando sistemas baseados en Linux ou BSD. Hai tamén titoriais para FreeBSD, Windows, Mac OS X e Solaris. Ao longo do titorial será usada intensivamente unha terminal de tipo bash.

{{{3}}}
 
noframe
Os luns córrese un maior risco de erros na compilación, pois é cando se entregan os cambios nas kdelibs. O dashboard avisa desas rupturas imprevistas. Animámolo a corrixir os módulos que fallen.
Atención


Software preciso

O seguinte debe estar instalado no seu sistema para poder rematar este manual de xeito satisfactorio:

  • gcc e g++ do proxecto gcc, preferibelmente a versión 4.1 ou superior
  • svn, o cliente do sistema de control de versións Subversion.
  • pkg-config
  • librarías de desenvolvimento e cabezallos de X11, OpenGL (mesa-common-dev e libglu1-mesa-dev), libjpeg, libpng, libungif, libclucene, librdf, libxml2 e libxslt
  • O script makeobj, que é parte de kdesdk. Pódeo instalar como parte do kdesdk, (kdesdk-scripts en Debian) ou semellante, ou simplesmente obtelo no WebSVN
  • O paquete shared-mime-info, que é o estándar MIME de freedesktop que está a usar KDE.
  • boost, necesitado por kdebase; logo de compilar e/ou instalar boost, para que cmake saiba onde se atopa (FindBoost), engada o directorio de boost (o que contén o subdirectorio) ao CMAKE_INCLUDE_PATH ou engada unha variábel de entorno chamada BOOST_ROOT apuntando ao directorio de boost.

Ark Linux

En Ark Linux, as dependencias para a compilación instálanse así:

apt-get install devel-core libxml-devel libxslt-devel bzip2-devel \
clucene-devel librdf-devel shared-mime-info xorg-Mesa-libGL-devel \
subversion boost-devel doxygen giflib-devel dbus-devel openssl-devel \
alsa-lib-devel kdesdk-scripts qt4-devel
</code>
 
Se prefire unha interface gráfica, escolla os pacotes listados enriba na ferramenta de "Install Software" no Mission Control. Isto inclúe a instalación de CMake, DBus e Qt, polo que pode pasar dos pasos 5, 6 e 7.
 
=== Kubuntu ===
 
En Kubuntu 7.04 (Feisty) (e, posibelmente 7.10) as dependencias para a compilación que ten que ter instaladas fanse así:
<syntaxhighlight lang="bash">
sudo aptitude install build-essential cdbs debhelper cmake \
libxml2-dev libxslt1-dev libbz2-dev libclucene-dev librdf-dev \
shared-mime-info libgl1-mesa-dev libglu1-mesa-dev mesa-common-dev \
libxext-dev libjpeg-dev libpng-dev subversion libsm-dev libxinerama-dev \
libxrender-dev libfontconfig-dev libboost-dev libxcursor-dev doxygen \
libungif4-dev libdbus-1-dev libgpgme11-dev libssl-dev libgpgme11-dev \
libasound2-dev kdesdk-scripts
</code>
 
Pode evitar a instalación manual de CMake 2.4.6 e DBus facendo: 
<syntaxhighlight lang="bash">
sudo aptitude install libdbus-1-dev cmake
</code>
 
Para ter un framework completamente funcional para a documentación do API tamén precisará:
<syntaxhighlight lang="bash">
sudo aptitude install graphviz
</code>
 
=== openSUSE ===
 
En openSUSE 10.2 e posteriores, pode instalar pacotes usando a ferramenta [http://en.opensuse.org/Zypper Zypper]:
<syntaxhighlight lang="bash">
sudo zypper install <package-name>
</code>
 
En versións vellas de SUSE, pode usar YaST:
<syntaxhighlight lang="bash">
su
yast -i <nomepacote>
</code>
 
'''Pacotes precisos'''
 
Os pacotes que precisará instalar son os seguintes:
<syntaxhighlight lang="text">
xorg-x11-devel
libxml2-devel 
kdesdk3 
clucene-core-devel 
boost-devel
libjpeg-devel 
liblrdf-devel 
libpng-devel 
libxslt-devel 
libredland-devel
Mesa-devel 
giflib-devel 
subversion 
gcc 
gcc-c++
gmp-devel (needed to build kdesupport)
xine-devel
libgpgme-devel (needed to build kdepimlibs)
</code>
 
'''Pacotes opcionais'''
 
Pode saltar a instalación de Qt 4.3, CMake 2.4.6 e DBus engadindo o repositorio do Servizo de Compilación de KDE 4 de openSUSE (openSUSE Build Service KDE4 Repository) ás súas fontes de compilación.
 
Para openSUSE 10.2 e superior execute:
<syntaxhighlight lang="text">
sudo zypper service-add http://software.opensuse.org/download/KDE:/KDE4/openSUSE_10.2 KDE4-102
</code>
 
Para versións antigas de SUSE Linux execute:
<syntaxhighlight lang="text">
su
installation_sources -a http://software.opensuse.org/download/KDE:/KDE4/[A TÚA VERSIÓN DE SUSE]
</code>
 
Agora instale os seguintes pacotes (e asas dependencias):
<syntaxhighlight lang="text">
cmake
dbus-1-devel
libqt4-devel
</code>
 
Para ter un framework completamente funcional para a documentación do API tamén precisará:
<syntaxhighlight lang="text">
graphviz
</code>
 
Os pacotes cos binarios de CMake para openSUSE están disponíbeis no [http://software.opensuse.org/download/devel:/tools:/building/ servizo de compilación de openSUSE].
 
=== Gentoo ===
 
==== Instalar a man ====
 
Para ter as ebuilds máis estábeis lembre sincronizar a árbore de portage antes de comezar.
 
Precísase que estexan unmasked e/ou ''mantidas''(kept) nunha versión anterior para continuar.
 
<syntaxhighlight lang="bash">
# echo 'x11-libs/qt' >> /etc/portage/package.unmask
# echo 'dev-util/cmake' >> /etc/portage/package.unmask
# echo 'dev-cpp/clucene' >> /etc/portage/package.unmask
# echo '>dev-cpp/clucene-0.9.16a' >> /etc/portage/package.mask
</code>
 
Comprobe que ten activada a bandeira berkdb USE para redland, ou nepomuk non funcionará:
 
<syntaxhighlight lang="bash">
# echo 'dev-libs/redland berkdb' >> /etc/portage/package.use
</code>
 
 
Estes son os pacotes que ten que instalar, moitos deles xa estarán instalados no seu sistema, polo que pode saltalos engadindo a bandeira de update en emerge.
 
<syntaxhighlight lang="bash">
$ emerge -avu ebuild/name
</code>
 
 sys-devel/gcc
 dev-util/subversion
 dev-util/pkgconfig
 x11-base/xorg-x11
 media-libs/glut
 media-libs/mesa
 media-libs/jpeg
 media-libs/libpng
 media-libs/giflib
 dev-cpp/clucene
 dev-util/cppunit
 media-libs/liblrdf
 dev-libs/libxml2
 dev-libs/libxslt
 x11-misc/shared-mime-info
 kde-base/kdesdk-scripts
 dev-libs/boost
 x11-libs/qt
 dev-util/cmake
 sys-apps/dbus
 dev-libs/redland
 
Supondo que fixese ''emerge'' desas ebuilds, pode saltar os pasos de compilación a man e proceder á [[Getting_Started/Build/KDE4_(gl)#kdesupport|sección de kdesupport]].
 
Boa sorte!
 
==== Instalar via portage ====
 
Pode instalar os pacotes de KDE4 directamente mediante: 
<syntaxhighlight lang="bash">
emerge -a <packagename>
</code>
 
Para conseguir as cousas que precisa, [http://gentoo-wiki.com/TIP_Overlays#Layman install layman] e ''and then pull in the KDE overlay'' (que contén ebuilds experimentais de KDE): 
<syntaxhighlight lang="bash">
layman -a kde
</code>
Logo disto precisa axustar algunhas bandeiras USE KDE 4 e dicirlle a portage que use as ebuilds de proba de KDE 4 en lugar das estábeis de KDE 3. 
 
Deste xeito portage encargarase das dependencias por si. 
 
Pode achar instrucións detalladas para compilar KDE 4 en Gentoo via portage no [http://overlays.gentoo.org/proj/kde/wiki wiki de overlay sobre KDE]. Tamén se fala no fío: [http://forums.gentoo.org/viewtopic-t-530111-postdays-0-postorder-asc-start-0.html KDE 4 monolithic ebuilds].
 
== Crear unha conta de usuario para o desenvolvimento de KDE 4 ==
 
{{Note_(gl)|
Algunhas persoas usan contas de usuario separadas para KDE 4 (por se, por exemplo, un erro elimina ficheiros acidentalmente), as instrucións a seguir están escritas seguindo esta aproximación.
 
Porén, é moito máis eficiente ter todo nunha única conta de usuario, bótelle unha ollada a [[Getting_Started/Increased_Productivity_in_KDE4_with_Scripts|Productividade mellorada con scripts de shell en KDE 4]] para máis detalles. 
 
De todos os xeitos, pode seguir as instrucións de abaixo, pero non poña variábeis de entorno no seu <tt>.bashrc</tt>, póñaas nun ficheiro separado das súas fontes para intercambialo co entorno de KDE 4.
}}
 
=== Opción 1: Liña de comandos ===
<syntaxhighlight lang="bash">
useradd -m kde-devel
passwd kde-devel
</code>
 
=== Opción 2: Usando KControl ===
 
No canto de usar os comandos de riba, pode usar o módulo de usuario do Centro de Control de KDE, se xa ten instalado KDE 3.
 
=== Configurar o contorno ===
 
Copie o {{path|~/.bashrc}} do seu usuario normal á nova conta de kde-devel.  A seguir, copie e apegue os contidos do [[Getting Started/Increased Productivity in KDE4 with Scripts/.bashrc|.bashrc de exemplo]] en {{path|~kde-devel/.bashrc}}. Asegúrese de comentar a liña <tt>alias make=makeobj</tt> se non ten o comando <tt>[[Getting Started/Build/KDE4_(gl)#Required Software|makeobj]]</tt> disponíbel. Posibelmente quererá modificar a rota para se asegurar de que non inclúe as rotas do seu KDE3. Aliás, se quere desenvolver programas KDE4 con KDevelop, pode pasarlle a opción ''-GKDevelop3'' a cmake para que xere os ficheiros de proxecto (pode atopar máis información  [[Getting_Started/Set_up_KDE_4_for_development#Setting_up_the_environment|aquí]]). Para facelo executar, ten que ter aberta unha nova bash ou executar:
<syntaxhighlight lang="bash">
source ~/.bashrc
</code>
 
Isto proporcionará aceso a comandos como <tt>cmakekde</tt> que son usados ao longo deste titorial, e garantirá que as rotas aos binarios de Qt, KDE e CMake son correctas.
 
Para máis información, bótelle unha ollada ao titorial de [[Getting Started/Increased Productivity in KDE4 with Scripts|Produtividade mellorada con guións de shell en KDE 4]].
 
=== Cambiar a un novo usuario ===
Para usar o novo usuario kde-devel: (non esqueza o trazo)
<syntaxhighlight lang="bash">
su - kde-devel
</code>
 
== A consola do usuario de desenvolvimento ==
 
Algúns sistemas están configurados para que os novos usuarios usen {{path|/bin/sh}} por omisión. Se non é o seu caso pode saltar esta sección (por exemplo se usa Ark Linux). Traballar con {{path|/bin/sh}} pode ser un inconvinte, probabelmente queira cambiala a {{path|/bin/bash}} ou outra consola.
 
=== Opción 1: Como usuario kde-devel ===
 
Se non ten privilexios de root e o seu sistema soporta o cambio da súa propria consola co comando <tt>chsh</tt>, pode cambiala a {{path|/bin/bash}} con:
<syntaxhighlight lang="bash">
chsh -s /bin/bash kde-devel
</code>
 
=== Opción 2: Como usuario root ===
 
Se o seu sistema inclúe o comando <tt>usermod</tt> pode executar o seguinte como root:
<syntaxhighlight lang="bash">
usermod -s /bin/bash kde-devel
</code>.
 
Outra opción é executar o comando <tt>vipw</tt> como root para editar {{path|/etc/passwd}} de xeito seguro. Procure 'kde-devel' no ficheiro e cambie '{{path|/bin/sh}}' no final da liña por '{{path|/bin/bash}}', garde os cambios e saia.
 
Poderá usar a nova consola cando volte a entrar como usuario kde-devel.
 
== D-Bus ==
QtDBus e KDE funcionan coas versións de D-Bus 0.62, 0.92 e posteriores. As versións 0.60 e 0.61 tamén poderían funcionar, aínda que non foron probadas. As versións 0.90 e 0.91 non funcionan. Recomendamos usar versións posteriores á 1.0 (polo menos 0.94), considera actualizar se aínda non o fixeches.
 
Podes salta-la seguinte sección se tes unha versión de D-Bus suficientemente recente ou non desexas actualizala.
 
Antes de continuar asegúrate ter cabeceiras e bibliotecas X11 dispoñibles. A quinta liña do guión de configuración das seguintes instruccións debería ler:
 Building X11 code:        yes
 
=== A receita ===
 
{{tip_(gl)|Non esquezas configura-lo entorno adecuadamente, tal coma se describiu na sección [[Getting_Started/Build/KDE4_(gl)#Configurando_o_entorno|Configurando o entorno]]. É preciso para que as funcións <tt>cs</tt> e <tt>cb</tt> funcionen.}}
 
 cs # [[Getting_Started/Increased_Productivity_in_KDE4_with_Scripts/.bashrc|'cs' é unha función bash, prema aquí para saber máis]] 
 wget http://dbus.freedesktop.org/releases/dbus/dbus-1.0.2.tar.gz
 tar -xvzf dbus-1.0.2.tar.gz
 cd dbus-1.0.2/
 ./configure --prefix=$DBUSDIR --localstatedir=/var
 make
 sudo make install
 sudo dbus-uuidgen --ensure
 
=== Que acontece? === 
Tras cambiar ó directorio das fontes (liña 1) descárgase o código de D-Bus dende freedesktop.org (liña 2) e descomprímese (liña 3). Éntrase no directorio de D-Bus recén creado (liña 4) e configúrase á construcción usando o guión {{path|configure}} (liña 5). Unha vez D-Bus está construído (liña 6) e instalado (liña 7) usamo-la utilidade <tt>dbus-uuidgen</tt> para instalar un arquivo de identificación de máquina que permite executar D-Bus automáticamente ó comezo da sesión de escritorio (liña 8).
 
Ten en conta que precisas ter permisos de escritura en {{path|/var}} para os dous últimos pasos. Se o teu sistema non posúe o comando sudo podes usar <tt>su</tt> no seu canto, por exemplo <tt>su -c "make install"</tt>.
 
== CMake ==
Podes saltarte esta sección se tes instalado [http://cmake.org/ CMake] versión 2.4.5 ou superior.
 
Deberías poder usar directamente os binarios dispoñibles na [http://www.cmake.org/HTML/Download.html páxina de CMake]. Tamén tes paquetes específicos para distintas distribucións.
 
=== A receita ===
<!--¡'cs' e 'cb' NON son erratas!-->
 
 cs # [[Getting_Started/Increased_Productivity_in_KDE4_with_Scripts/.bashrc|'cs' é unha función bash, prema aquí para saber máis]]
 wget http://www.cmake.org/files/v2.4/cmake-2.4.6.tar.gz
 tar -zxf cmake-2.4.6.tar.gz
 mkdir cmake-build
 cd cmake-build 
 ../cmake-2.4.6/bootstrap
 make
 sudo make install
 
=== Que acontece? ===
Primeiro imos ó directorio das fontes do usuario <tt>kde-devel</tt> (liña 1), descargamo-las fontes de CMake (liña 2) e descomprimímolas (liña 3). Creamos un directorio onde construir CMake (liña 4) e entramos nel (liña 5). Executamo-lo guión autosuficiente de CMake para configura-la súa construcción (liña 6), construímolo (liña 7) e instalámolo usando o usuario root (liña 8).
 
Se o teu sistema carece do comando <tt>sudo</tt> podes executar <tt>su -c "make install"</tt> no seu canto.
 
== Qt ==
A continuación precisamos a biblioteca Qt4 que reside no repositorio de KDE. Grántese a construcción de KDE con Qt 4.3 mentres que as versións 4.2 e anteriores non funcionarán. Deberías usa-la copia que reside nos servidores Subversion de KDE (ten en conta que algunhas distribucións (por exemplo Debian) adoitan ofrecer Qt cos parches de KDE xa aplicados polo que poderías querer "facer trampas" e usar a Qt precompilada da túa distribución).
 
=== A receita ===
 cd
 svn checkout svn://anonsvn.kde.org/home/kde/trunk/qt-copy
 cd qt-copy
 ./apply_patches
 ./configure -qt-gif -no-exceptions -debug -fast \
  -prefix $QTDIR -nomake examples -nomake demos
 make -j2
 
 # se non o instalamos limparemos os arquivos obxecto 
 # para aforrar espacio
 if [ $QTDIR = `pwd` ]; then \
 find . -name '*.o' -exec rm {} \; ; \
 else make install; fi;
 
=== Que acontece? ===
Cambiamos ó directorio home do usuario <tt>kde-devel</tt> (liña 1) e descargamo-las fontes con subversion (svn) dende o repositorio de KDE (liña 2).
Tras entrar no directorio {{path|qt-copy}} resultante (liña 3), executamo-lo guión que manexa os parches incluídos en <tt>qt-copy</tt> (liña 4).
 
Unha vez aplicados os parches configuramo-la construcción co guión <tt>configure</tt> (liñas 5 e 6). As distintas opcións do comando explícanse no arquivo {{path|qt-copy/README.qt-copy}}. Por último construímos Qt cos requerimentos mínimos para KDE (liña 7) e instalámola. Se o directorio de instalación é o actual (liña 8) liberamos espazo (liña 9). Se desexas obter tódolos exemplos e demostracións podes construílos individualmente ou simplemente executar <tt>make</tt> dende o directorio {{path|qt-copy}}.
 
Decátate de que a instalación non precisa privilexios root xa que instala Qt localmente en {{path|$QTDIR}}. En calquera caso só é precisa a instalación se {{path|$QTDIR}} é diferente a {{path|$HOME/qt-copy}}, o cal non é o caso se seguiches totalmente as instruccións.
 
=== Solución de problemas ===
Se obtés "error: X11/Xlib.h: No such file or directory", instala o paquete de desenvolvemento de <tt>xorg</tt> (o nome variará en distintas distribucións, por exemplo é <tt>xorg-dev</tt> en sistemas baseados en Ubuntu coma Kubuntu).
 
Se obtés erros acerca de definicións non atopadas no paso de configuración, comproba o valor de <tt>$QMAKESPEC</tt>. Algunhas distribucións fan que apunte directamente a Qt instalada no sistema. Se <tt>unset QMAKESPEC</tt> arranxa o problema probablemente queras engadilo ó guión <tt>~/.bashrc</tt>.
 
Se obtés un erro ".pch/debug-shared/QtCore" é debido a que Qt-4.3 habilita cabeceiras precompiladas se o teu gcc o soporta, pero por alguha razón no che funciona. Se usas distcc, configura Qt con -no-pch. Se usas <tt>icecream</tt> actualiza á derradeira versión dende svn trunk.
 
Proba a executar calquera programa Qt coma {{program|assistant}}. '''Atención:''' Pode ser que precises executar <tt>xhost +local:kde-devel</tt> coma o teu usuario normal de kde3 para executar este programa. Se espeta en QSpanData::adjustSpanMethods enton o problema é o estilo oxygen. Tenta eliminar {{path|lib/kde4/plugins/styles/kstyle-oxygen.so}} e {{path|lib/kde4/plugins/styles/oxygen.so}} se existen no prefixo de instalación de KDE.
 
== kdesupport ==
 
{{warning_(gl)|Se chegaches a esta sección sen ler [[Getting_Started/Build/KDE4_(gl)#Configurando_o_entorno|Configurando o entorno]], '''as receitas non funcionarán'''. 
As receitas son correctas; <tt>cs</tt> e <tt>cb</tt> non son erratas. Precisas te-lo entorno configurado adecuadamente para que funcionen estas instruccións.}}
 
En kdesupport están moitas bibliotecas das que dependen as aplicacións KDE, incluíndo Strigi e Soprano para procuras e metadatos, eigen para efectos visuail en aplicacións coma Kalzium, taglib para os reprodutores de audio e qca para as necesidades criptográficas.
 
Strigi ten unhas cantas dependencias de seu: precisarás as cabeceiras e bibliotecas para libz, libbz2, openssl (libcrypto ou libssl), libclucene (versión 0.9.16, a 0.9.17 '''non''' funciona), e libxml2 ou libexpat.
 
=== A receita ===
<!--'cs' e 'cb' NON son erratas!-->
 cs # [[Getting_Started/Increased_Productivity_in_KDE4_with_Scripts/.bashrc|cs non é unha errata]]
 svn checkout svn://anonsvn.kde.org/home/kde/trunk/kdesupport/
 cd kdesupport
 cmakekde
 
=== Que acontece? ===
Entramos no directorio das fontes (liña 1). Descargamo-las fontes en {{path|kdesupport}} con subversion (liña 2), entramos no novo directorio {{path|~/kde/src/kdesupport}} (liña 3) e comezamos a construcción (liña 4). Uhna vez remate ficaremos no directorio de construcción.
 
=== Solución de problemas ===
Se obtés:
   cmakekde: command not found
tes que ir manualmente ó directorio kdesupport e executa-lo comando cmakekde. Se continúa se funcionar debe haber un erro no teu .bashrc.
 
Se obtés:
 CMake Error: This project requires some variables to be set,
 and cmake can not find them.
 Please set the following variables:
 LIBXML2_INCLUDE_DIR (ADVANCED)
tes que instala-los paquetes de desenvolvemento de libxml2.
 
Se obtés:
 CMake Error: Could NOT find REDLAND
precisas librdf de Redland.
Se a túa distribución non ofrece o paquete librdf, podes atopa-las fontes en [http://download.librdf.org/source/ http://download.librdf.org/source/] e construíla.
(Usuarios de Gentoo: O ebuild para librdf chámase dev-libs/redland)
 
Se obtés:
 Fetching external item into 'kdesupport/admin'
 Error validating server certificate for 'https://...'
bótalle un ollo a  [[Getting_Started/Sources/Using_Subversion_with_KDE_(gl)| Usando Subversion con KDE]].
 
Se obtés:
 FILE cannot create directory: /usr/lib[64]/qt4/plugins/crypto. Maybe need administrative privileges.
 - - -
 make: *** [install] Error 255
bótalle un ollo ó arquivo .bashrc descrito arriba, ¿son correctos os camiños?
Tamén pode ser que insalaches os paquetes qt4 da túa distribución saltandote a construcción de Qt descrita arriba. Constrúe qt-copy coma se describe arriba, se non funciona instálaa con "sudo make install"
 
== kdelibs ==
 
Xa podemos comezar a construí-las bibliotecas base de KDE.
 
=== A receita ===
 cs # [[Getting_Started/Increased_Productivity_in_KDE4_with_Scripts/.bashrc|cs non é unha errata]]
 mkdir KDE && cd KDE
 svn checkout svn://anonsvn.kde.org/home/kde/trunk/KDE/kdelibs
 cd kdelibs
 cmakekde
 
=== Que acontece? ===
Entramos no directorio das fontes (liña 1), creamos o directorio KDE e entramos nel (liña 2). Descargamo-las fontes de kdelibs con subversion (liña 3), entramos no novo directorio {{path|~/kde/src/KDE/kdelibs}} (liña 4) e comezamos a construír (liña 5). Unha vez rematada a construcción ficaremos no directorio de construcción de kdelibs.
 
{{tip_(gl)|Pode haber dependencias incumpridas no teu sistema xa que é doado perder de vista esa información na saída de <tt>cmakekde</tt>.
Podes executar <tt>cmake $KDE_SRC/KDE/NOME_MODULO</tt> antes de construi-los módulos para comprobalo.}}
 
=== Módulos de CMake adicionais específicos de KDE ===
Hai módulos de CMake adicionais en {{path|kdelibs/cmake/modules/}} precisos para construir aplicacións KDE4. Estes módulos instalaranse automáticamente cando instales kdelibs.
 
=== Solución de problemas ===
Se tes problemas construíndo kdelibs asegúrate de que o software indicado na sección [[Getting_Started/Build/KDE4_(gl)#Software_necesario|Software necesario]] está instalado e funciona. Outras pistas posibles son:
* Se o comando <tt>cmakekde</tt> faia dicindo que CMake precisa unha construcción fóra do directorio das fontes, elimina {{path|~/kde/src/KDE/kdelibs/CMakeCache.txt}} e proba outra vez.
 
Se <tt>cmakekde</tt> segue dando o mesmo erro proba esto:
 cd
 cmake -DCMAKE_INSTALL_PREFIX=$KDEDIR \
 -DCMAKE_BUILD_TYPE=debugfull \
 -DKDE4_BUILD_TESTS=ON \
 ~/kde/src/KDE/kdelibs
 make
 make install
* Se recibes un erro dicindo "Please create a separate build directory and run 'cmake path_to_kdelibs [options]' there.", precisas entrar ó directorio de construcción antes de executar cmakekde (por exemplo <tt>cs KDE/kdelibs && cb && cmakekde</tt>. Se a mensaxe persiste executa 'svn status' no directorio kdelibs e elimina tódolos arquivos etiquetados con '?'.
* Se non se atopou Qt ou atopouse unha versión errónea asegúrate de que o qmake das Qt que precisas é o primeiro no PATH.
* Se os problemas persisten proba a opción <tt>--keep-going</tt> de CMake.
* Precisa-la biblioteca libungif, de outro modo terás o erro "<tt>Could NOT find GIF</tt>".
* Actualización a Qt-4.3: se obtés un erro de ligazón en kjsembed sobre QScriptEngine, edita CMakeCache.txt en kdelibs e elimina as liñas que teñan QT_QTUITOOLS_LIBRARY e executa make outra vaz (esa biblioteca ten unha nova dependencia e o código cmake que a engade precisa executarse).
* Se obtés <syntaxhighlight lang="text">CMake Error: KDE Requires Qt to be built with SSL support
</code>, instala openssl-devel e recompila Qt.
* Se obtés <syntaxhighlight lang="text">kdelibs/kimgio/ico.cpp:188: undefined reference to `QImage::jumpTable()'</code> significa que construiches Qt sen soporte Qt3.
 
== kdepimlibs ==
Despois de <tt>kdelibs</tt>, mais antes de ''kdebase'', precisas construír e instalar ''kdepimlibs''.
 
=== A receita ===
<!--'cs' and 'cb' NON son erratas!-->
 cs KDE # [[Getting_Started/Increased_Productivity_in_KDE4_with_Scripts/.bashrc|cs non é unha errata]]
 svn checkout svn://anonsvn.kde.org/home/kde/trunk/KDE/kdepimlibs
 cd kdepimlibs
 cmakekde
 
=== Que acontece? ===
Entramos no directorio das fontes (liña 1), descargámo-las fondes de kdepimlibs con subversion (liña 2) e entramos no novo directorio {{path|~/kde/src/KDE/kdepimlibs}} (liña 3). Comezámo-la construcción (liña 4). Unha vez finalizada ficaremos no directorio de construcción de <tt>kdepimlibs</tt>.
 
=== Solución de problemas ===
Se tes problemas compilando kdepimlibs:
* o comando cmakekde pode precisar unha versión posterior da biblioteca gpgme. Podes obtela da páxina web do proxecto: http://www.gnupg.org/(en)/download/index.html - ten en conta que para construir gpgme tamén precisas libgpg-error, dispoñible na mesma páxina. Ámbalas dúas instálanse coa secuencia "./configure", "make" e "sudo make install", co parámetro adicional "--with-gpg-error-prefix" para a biblioteca gpgme. Pode que precises sobreescribir o teu arquivo "/usr/bin/gpgme-config" coa nova versión para que kdepimlibs colla a nova instalación.
 
== kdebase ==
kdebase está dividido en tres partes:
* '''apps'''
:Contén aplicacións coma Dolphin ou KWrite.
* '''runtime'''
:Contén cousas que precisan as aplicacións na execución, coma iconas. É un requerimento para cada aplicación KDE polo que tes que construílo e instalalo.
* '''workspace'''
:Contén cousas específicas do escritorio KDE, coma Plasma ou o xestor de fiestras. A maioría dependen de X11. Só o precisas se desexas construír o escritorio KDE completo.
 
Podes costruír todo kdebase dunha vez, coma se describe na receita de embaixo. Se só desexas construír kdebase-runtime, que é o único requisito, podes remprazar <syntaxhighlight lang="bash">cd kdebase</code> por <syntaxhighlight lang="bash">cd kdebase/runtime</code> na receita.
 
=== A receita ===
<!--'cs' and 'cb' NON son erratas!-->
 cs KDE # [[Getting_Started/Increased_Productivity_in_KDE4_with_Scripts/.bashrc|cs non é unha errata]]
 svn checkout svn://anonsvn.kde.org/home/kde/trunk/KDE/kdebase
 cd kdebase
 cmakekde
 
=== Solución de problemas ===
Se tes problemas compilando kdebase:
* Asegúrate de ter as <tt>cabeceiras libxss</tt> instaladas (normalmente obtés referencias indefinidas nos obxectos xscreensaver se non as tes).
* <tt>which meinproc4</tt> ten que devolver {{path|/home/kde-devel/kde/bin/meinproc4}}.
* se cmakekde non atopa o camiño de kdepimlibs, edita o arquivo {{path| $KDE_BUILD/KDE/kdebase/CMakeCache.txt}} e engade <tt>KDEPIMLIBS_INCLUDE_DIR:PATH=$KDE_BUILD/kdepimlibs</tt>.
* se obtés un erro dicindo "Please set the following variables: X11_XTest_LIB (ADVANCED)", instala o paquete de desenvolvemento de <tt>Xtst</tt>. Nalgúns sistemas empaquétase separado de <tt>xest</tt> e chámase <tt>x11proto-xext-dev</tt> ou <tt>libxtst-dev</tt>. Pode que tamén precises elimina-lo arquivo CMakeCache.txt no directorio de construcción tras instala-lo paquete.
* o mesmo para "X11_Xinerama_LIB (ADVANCED)" onde precisarás o paquete de desenvolvemento de <tt>xinerama</tt>.
* se obtés un erro queixándose de que falta a variable X11_Xrandr_LIB, precisa-lo paquete de desenvolvemento de libxrandr (libxrandr-devel on ubuntu-systems)
* se obté-lo erro "Please set the following variables: FONTCONFIG_INCLUDE_DIR, FONTCONFIG_LIBRARIES (ADVANCED)", precisas instala-las cabeceiras de libfontconfig.
* se obté-lo erro "CMake Error: This project requires some variables to be set, and cmake can not find them. Please set the following variables: KMETADATA_LIBRARIES", precisas instalar soprano, de kdesupport, e reconstruír kdelibs.
* se obté-lo erro "‘XserverRegion’ does not name a type" asegúrate de ter as cabeceiras de libxcompolite instaladas (<tt>libxcomposite-dev</tt> en ubuntu).
 
== Xerar documentación local da API ==
Ainda que a documentación da API de KDE está dispoñible en liña en [http://api.kde.org api.kde.org], ás veces é útil tela no teu disco, por exemplo se desexas usar [[Getting_Started/Set_up_KDE_4_for_development_(gl)#KDevelop|KDevelop]] para consultar a documentación ou non podes estar en liña todo o tempo.
 
Xerar a documentación pode levar varias horas e ocupa case medio gigabyte no disco.
A xeración é levada a cabo por un guión en {{path|kdelibs/doc/api}}, precisas <tt>doxygen</tt> para executalo.
 
Para xerar a documentación da API de kdelibs, escribe o seguinte:
<!--'cs' and 'cb' NON son erratas!-->
 cs KDE/kdelibs # [[Getting_Started/Increased_Productivity_in_KDE4_with_Scripts/.bashrc|cs non é unha errata]]
 $KDE_SRC/KDE/kdelibs/doc/api/doxygen.sh \
 --doxdatadir=$KDE_SRC/KDE/kdelibs/doc/common .
 
Repite para outros módulos se o desexas.<br>
 cd <module home>
 $KDE_SRC/KDE/kdelibs/doc/api/doxygen.sh \
 --doxdatadir=$KDE_SRC/KDE/kdelibs/doc/common .
 
Outro método que é incluso máis doado consiste en descarga-lo arquivo [[Doxyfile]] ó teu sistema. Simplemente entra no directorio onde desexes xera-la documentación e executa
<syntaxhighlight lang="bash">
% doxygen /path/to/Doxyfile
</code>
Revisa o arquivo {{path|doxygen.log}} para ve-los avisos e erros. Atoparás a documentación no subdirectorio {{path|apidocs}}.
 
== Permanecer actualizado ==
 
Para manter a instalación de KDE4 actualizada, cada modulo instalado debe ser actualizado periódicamente. O Luns é o día dos grandes cambios en kdelibs, Martes pode ser o mellor día para isto. Para cada módulo obtido, executa <tt>svn up</tt> e <tt>make</tt>.
 
Por exemplo:
<syntaxhighlight lang="bash">
cs kdesupport # cs non é un erro
svn up
cb # cb non é un erro
make -j2 VERBOSE=1 && make install
</code>
 
== Problemas xerais ==
 
De vez en cando, despois de algún comando <tt>svn up</tt>, algunhas ferramentas usadas na cadea de construcción de KDE cambian o formato da súa saída. Por exemplo, os arquivos <tt>kcfg</tt> son lidos por <tt>kconfig_compiler</tt> para producir diálogos de configuración. CMake non detecta esos cambios, e a compilación podería fallar. Un rodeo e forzar sempre a rexeneración de todolos arquivos:
 find $KDE_SRC/KDE/kdebase -name "*.kcfg" | xargs touch
O mesmo aplicase a arquivos <tt>ui</tt> producidos polo deseñador Qt.
 
== Éxito! ==
 
Agora estás listo para comezar a construir outros módulos svn da mesma maneira que construiches kdebase, executa e proba KDE4 ou escribe os teus propios parches e aplicacións.
 
Mira o tutorial [[Getting Started/Set up KDE 4 for development|Configura KDE4 para desenvolvemento]] de como comezar aplicacións KDE 4 e como usar o KDevelop para traballar nelas.
 
[[Category:Build KDE]]
[[Category:KDE4]]

KDE® and the K Desktop Environment® logo are registered trademarks of KDE e.V.Legal