Contribuír

Revision as of 19:32, 20 December 2012 by Gallaecio (Talk | contribs)

Jump to: navigation, search
Other languages:Greek 34% • ‎English 100% • ‎Spanish 40% • ‎Finnish 72% • ‎French 79% • ‎Galician 100% • ‎Japanese 56% • ‎Korean 51% • ‎Dutch 98% • ‎Polish 95% • ‎Brazilian Portuguese 95% • ‎Slovak 13% • ‎Chinese (China) 96%

Esta páxina ten por obxectivo servir de introdución para os diferentes aspectos do desenvolvemento de KDE, especialmente no que se refire á parte de programación. O proxecto KDE dálle a benvida a calquera disposto a axudar.

noframe
 
Note
Existen moitos xeitos de contribuír ao desenvolvemento de KDE, e poden resumirse en varias categorías:
Documentación, tradución, programación, mellora da facilidade de uso, accesibilidade, imaxe, e promoción.
Se non sabe programar, bótelle unha ollada ás páxinas de KDE sobre como involucrarse para descubrir de que outros xeitos pode axudar. Considere tamén a brigada dos erros!

Contents

Fontes de información

A dirección xeral do proxecto KDE determínana os que fan o traballo. Non existe “un gran plan” sobre o aspecto que KDE terá no futuro.

Se quere informarse do que está a suceder, existen unha serie de fontes que debera considerar:

Roldas de correo
Probabelmente sexan o mellor xeito de descubrir o que está acontecendo no desenvolvemento de KDE. Os arquivos están dispoñíbeis aquí.
Filtro de commits
Reciba notificacións de commits aos repositorios de código fonte de KDE nas partes que lle interesen.
Resumo de commits de KDE
Resumo semanal dos commits a proxectos dos repositorios de código fonte de KDE.
The Dot
O sitio de novas de KDE.

Informar de erros

O xeito máis doado de contribuír a KDE é informar de erros atopados no software. Para iso, empregue o sistema de seguimento de erros de KDE (tamén coñecido coma Bugzilla).

Se o aplicativo que está a usar quebra, a ferramenta Dr Konqi aparecerá e guiarao a través do proceso para informar da quebra. Para máis información, consulte a páxina sobre como crear informes de quebra útiles.

Primeiros pasos como programador

Para comezar a programar para KDE, abonda con atopar algo que arranxar, e arranxalo. Pode que lle interese consultar a introdución aos módulos, para que lle resulte logo máis doado atopar o que busca. Despois de arranxar algo, o seguinte paso natural será o de enviar un parche cos cambios. Despois de pasar por iso un par de veces, pode que lle interese solicitar unha conta de contribuidor de KDE, para así poder mellorar as cousas directamente.

C++

KDE está escrito principalmente en C++. Se non está familiarizado con esta linguaxe, xa está tardando. Existen moitos libros sobre C++ de gran calidade; un bo exemplo é Thinking in C++ («Pensando con C++»), un libro de Bruce Eckel que está dispoñíbel mediante descarga gratuíta e como libro impreso. Non é imprescindíbel comprendelo todo para comezar en KDE, pero si que necesitará comprender a sintaxe básica e as operacións.

Qt

Para coller soltura na programación para KDE, cómpre coñecer e comprender as bibliotecas Qt. Se non está familiarizado con elas, siga as aprendizaxes paso a paso que inclúe a documentación.

Se precisa dunha introdución máis suave a Qt, ou simplemente unha forma distinta de aprendelo, bótelle unha ollada a Foundations of Qt Development («Os cimentos do desenvolvemento con Qt»).

Se prefire aprender Qt lendo un libro de corte máis tradicional, bótelle unha ollada á páxina de libros sobre Qt. Existen suxestións adicionais de recursos para familiarizarse con Qt na páxina sobre como aprender Qt (en inglés).

KDE

Na sección de aprendizaxes atopará información variada sobre as técnicas de KDE: Teña en conta que algunhas das aprendizaxes non se actualizaron desde a rama 3 de KDE, se ben aínda deberían ser válidas, polo menos en parte.

Tamén atopará información útil sobre como escribir código para KDE na sección de preguntas e respostas. Dita información pode non estar tampouco actualizada para a rama 4 de KDE, pero igual que coas aprendizaxes, a maior parte debería seguir sendo válida, mesmo fóra de KDE.

Tamén pode botarlle unha ollada os libros sobre programación para KDE.

Por último, pero non por iso menos importante, KDE inclúe unha extensa documentación das súas clases (API). Esta está dispoñíbel na sección de manuais de referencia da API de KDE, que contén asemade unha serie de ligazóns útiles a recursos sobre como escribir ou actualizar a documentación das clases. Tamén pode xerar vostede mesmo a documentación localmente, ou acceder a unha versión na Internet que estea máis actualizada no sitio web de referencia da API.

Na guía de programación atopará unha descrición máis detallada dos pasos mencionados.

Axuda contextual — Que é isto?

A axuda contextual é inseparábel dos diálogos e trebellos, dado que eles son o obxectivo deste tipo de axuda. De feito, para escribir axuda contextual, fai falla programar ou ferramentas de programación. A axuda contextual é evidentemente unha propiedade dos trebellos. Na programación orientada a obxectos, as propiedades poden ter distintos valores, e comportarse de maneira diferente segundo estes valores. Na programación de Qt e KDE, o nome desta propiedade é “whatsthis” (Que é isto?), e o seu valor é o texto que amosará a axuda contextual.

Por sorte, escribir esta documentación adoita ser doado, pois existen ferramentas moi fáciles de usar para traballar no deseño das interfaces de usuario. Ademais, os coñecementos adquiridos para modificar e definir este tipo de documentación valeranlle máis adiante para traballar noutras cuestións relativas ás interfaces de usuario. A infraestrutura Qt —a base das tecnoloxías de KDE— permite separar o código da interface. Por tanto poden darse dous casos: (1) que a interface de usuario estea definida como parte do código xeral do aplicativo (ficheiros .cpp, xeralmente), ou (2) que estea definida en ficheiros de Qt Designer (ficheiros XML con extensión .ui). O segundo caso é o máis doado. Se non ten instalado o aplicativo Qt Designer, instale o paquete de desenvolvemento de Qt da súa distribución, ou o propio paquete de Qt Designer en caso de haber un.

A Aprendizaxe sobre “Que é isto?” (en inglés), escrita por Aaron J. Seigo, consiste nunha guía detallada sobre como empregar Qt Desginer para escribir este tipo de documentación, e como traballar directamente co código fonte.

Involucrarse na busca de erros e control de calidade

KDE fornece un gran número de aplicativos, e non todas elas contan cun mantedor que se adique a xestionar os seus informes de erros ou a colaborar en todos o que fai falla para converter un código que simplemente funciona nun aplicativo de calidade.

Se lle gustaría axudar en KDE pero non sabe moi ben por onde comezar, pode que lle interese converterse en parte do equipo de control de calidade de KDE; infórmese no sitio web do equipo. Teña en conta que para formar parte do equipo non é necesario ter coñecementos de programación. Porén, se quere programar, os desenvolvedores publican de cando en vez os chamados traballiños, para animar a novos contribuidores a unirse á comunidade.

Por suposto, para contribuír á busca de erros non é necesario formar parte do equipo de control de calidade de KDE. Abonda con rexistrar unha conta no sistema de seguimento de erros de KDE, e comezar a buscar ou explorar os informes de erros. E como xa se dixo antes, non é necesario saber programar. Aos programadores axúdalles e moito simplemente saber dun procedemento que poidan seguir para reproducir os erros de forma consistente.

O equipo anti-erros procura manter un seguimento dos erros do software de KDE e asegurarse de que os desenvolvedores atenden aos informes de erros correctamente redactados. Para formar parte do equipo non é necesario ter ningunha clase de coñecemento de programación; de feito, esta é unha boa forma de devolverlle algo á comunidade de KDE para aquelas persoas que non saben programar.

Interfaces de usuario

O tema das interfaces de usuario é moi amplo, e moi subxectivo. Algo que resulta obvio para algúns pode resultar absurdo para outros, e viceversa. Polo tanto, non asuma, argumente, con claridade, e manifestando os pasos que segue a súa lóxica. Á hora de discutir sobre o tema, faga uso dun razoamento obxectivo e un bo sentido común.

Facer unha análise rápida dunha interface de usuario é doado, pero convencer á xente de cambiar a interface non é tal. A súa análise resultará máis convincente se incorpora información das directrices de KDE, análise de aplicativos e sistemas da competencia, principios de deseño xerais mencionados en moitos libros, e probas e opinións (anecdóticas) dos usuarios. Trátase dun proxecto de voluntarios, e aínda no caso de que todo o mundo estea de acordo coa proposta, alguén terá que levala a cabo.

A lista de correo de ergonomía (facilidade de uso) de KDE é moi activa, e un bo lugar para a discusión das ideas que teña. O seu sitio web é http://techbase.kde.org/Projects/Usability. Se xa é un experto en ergonomía, bótelle unha ollada a OpenUsability.org, un proxecto que xunta desenvolvedores de software libre e expertos en ergonomía, e que colabora activamente con KDE.

Existen algúns documentos que poden servir de guía, como Directrices para as interfaces de usuario de KDE — Estándares de deseño e Directrices para as interfaces de usuario de KDE — Principios de deseño.

Entre as competencias da análise de interface de usuario están tarefas como comprobar que os atallos de teclado son coherentes entre os distintos aplicativos de KDE, asegurarse de que os diálogos son directamente relevantes para a interacción esperada polo usuario, ou atopar usuarios do software de KDE para observar a forma na que desenvolven os seus fluxos de traballo habituais.

Obter respostas

Se ten preguntas sobre o desenvolvemento de KDE, as opcións de que dispón son basicamente as mesmas das que dispón calquera outro usuario, con algunhas diferencias:

  • Lea a lista de preguntas frecuentes de desenvolvedores. A resposta a moitas das preguntas máis comúns dos desenvolvedores teñen resposta na lista de preguntas frecuentes de desenvolvedores de KDE
  • Busque en sitios web de KDE. Moitas das súas preguntas terán a súa resposta nalgún dos sitios web de KDE, incluíndo os de documentación. Pode buscar contido en todos os sitios web de KDE desde o sitio principal. Non esqueza, ademais, de buscar en KDE TechBase. E, de ser posíbel, axude a editar o wiki para clarificar o que non estea claro, e empregue a páxina de conversa se non entende algo.
  • Busque nas listas de correo. Seguro que moitas das súas preguntas xa se formularon e responderon nas listas de correo de KDE, en especial nas listas kde-devel, kde2-porting, kde-core-devel, kde-games-devel, kfm-devel e koffice-devel. Pode buscalas en lists.kde.org. Busque sempre antes de preguntar na lista; os correos da lista chéganlles a milleiros de persoas, e cómpre evitar os correos innecesarios.
  • Motores de busca. Non esqueza facer uso do seu motor de busca preferido. Un dos máis efectivos é Google, co que pode buscar en sitios de novas, especialmente útil para cuestións xerais de programación.

Para ver todas as listas de correo de KDE dispoñíbeis, vaia aquí ou aquí.


KDE® and the K Desktop Environment® logo are registered trademarks of KDE e.V.Legal