Getting Started/Sources/Snapshots (gl)
Languages: English | Dansk | Deutsch | Français | Italiano | Русский | Srpski | Slovenščina | Suomi | 简体中文 | Galego | Español | Esperanto | Svenska | 한국어 | Română | Brazilian Portuguese | Česky | عربي | فارسی | Polski | 日本語 | Українська
| Serie do tutorial | Empezando... |
| Prerequerimentos | None |
| Seguinte | Compilando KDE4 |
| Máis información | Guía simple de acceso anónimo ao SVN Productividade mellorada con guións de shell en KDE 4 Introdución a CMake |
Se estás intentando obter o código dun módulo de KDE, entonces hai un xeito de facer o, normalmente lento, proceso de obtelo, bastante máis rápido, grazas as instantáneas automaticamente xeradas do repositorio de KDE, que se atopa convenientemente almaceado no FTP de KDE. Esta páxina describe como realizar unha obtención ("checkout" en adiante) usando unha instantánea modular.
Ten en conta que estas instantáneas son checkouts reais de subversion contendo toda a metadata requerida por SVN. Este método é, de feito, a maneira máis rápida de obter un modulo, grazas á abundancia de servidores ventá de FTP.
[edit] Obter a instantánea
Primeiro vai a O redireccionador de servidores ventás de KDE e elixe o mellor servidor FTP segundo a túa localización. Normalmente este será un servidor do teu país ou estado. Fai click na ligazón do servidor FTP e navega ao directorio snapshots. Neste directorio haberá unha larga lista de módulos arquivados.
Se queres descarregar o módulo co seguinte formato: kdemodule-svn.tar.bz2. Segue adiante e grava ese arquivo nalgures no teu disco duro. Deberás ser quen de chegar ate esa ruta dende a liña de comandos.
[edit] A receta
Unha vez descarregado, abre un terminal e fai o seguinte:
cs # cs non é un comando tar xvjf /path/to/kdemodule-svn.tar.bz2 cd kdemodule svn revert -R . # Este paso recupera os arquivos perdidos. svn up # Este paso actualiza as fontes dende o último código disponíbel, e é opcional.
[edit] Últimos avisos
Xa está! Obtiveches un módulo de KDE correctamente. Algunhas cousas que tes que lembrar:
- Cada instantánea dun módulo conten un arquivo especial chamado README.svn-nightly que conten información sobre como usar a instantánea. Xa realizaches os pasos de revertir e actualizar o svn.
- Os módulos están xa configurados para actualizarse do repositorio anónimo de subversión de KDE (svn://anonsvn.kde.org/). Se isto non che vale(porque por exemplo es un desenrolador) podes usar o comando de svn "switch" para arranxar o checkout como está descrito no arquivo README.svn-nightly.
- Vai ao directorio das fontes do módulo (cs <nomeModule>)
- Se usas subversion sobre túnel SSH, executa svn switch --relocate svn://anonsvn.kde.org svn+ssh://<user>@svn.kde.org
- Se usas subversion sobre HTTPS, fai svn switch --relocate svn://anonsvn.kde.org https://<user>@svn.kde.org
- (Isto funciona deste xeito svn switch --relocate reescribe os metadatos de SVN do módulo, substituindo a primeira cadena (svn://anonsvn.kde.org) da URL do repositorio cunha segunda cadena (svn+ssh: ou https:). Isto faise localmente sen ningún tipo de contacto co repositorio que usaches para adquirilo.
- Se queres manter o modulo actualizado no futuro, somentes executa svn up. Non tes que continuar descarregando instantáneas, pois isto sería lento e ineficiente.