Getting Started/Sources/Anonymous SVN (gl)
Languages: English | Dansk | Deutsch | Français | Italiano | Русский | Srpski | Slovenščina | Suomi | 简体中文 | Galego | Español | Esperanto | Svenska | 한국어 | Română | Brazilian Portuguese | Česky | عربي | فارسی | Polski | 日本語 | Українська
| Serie do tutorial | Empezando... |
| Prerequerimentos | None |
| Seguinte | Compilando KDE 4 |
| Máis información | Control de versións con SVN (eng) |
Contents |
[edit] Introdución
Para eses aos que lles gusta estar á última hai un xeito sinxelo de ter unha copia local das fontes de KDE actualizada. Xa non hai que ir a ftp.kde.org ou ter que ferrallar na hostia de servidores ventás buscando unha copia que estivera ao día! Cunha simple liña de comando poderemos ter o código fonte de KDE ao dia grazas ao SVN anónimo.
Ten en conta que moitas dristribuzóns xa teñen paquetes do SVN de KDE, polo que compilar Qt e KDE pode non ser absolutamente necesario Bótalle unha ollada a Getting_Started/Distribution_Packages para instrucións e información
[edit] SVN anónimo
Usar SVN anónimo é sinxelo:
[edit] Configurar Subversion
Primeiro de todo, instala os binarios de subversion (svn) se é que aínda non o tes. A túa distribución debería ter paquetes. Alternativamente podes descarregalo da web de svn. Le o tutorial de Subversion de KDE se estás interesado en saber como usar Subversion.
[edit] Obter KDE
/home/kde/trunk/ (a miúdo referido como trunk (tronco), para abreviar) é onde se está a desenvolver KDE 4 (baseádo en Qt 4). O seguintes modilos son os mínimos que precisarás para compilar KDE e o software de KDE:
svn co svn://anonsvn.kde.org/home/kde/trunk/KDE/kdelibs svn co svn://anonsvn.kde.org/home/kde/trunk/KDE/kdebase
qt-copy é a copia da última versión estábel de Qt que traballa con KDE, posto por iso no SVN. Tamén conten parches adicionais que corrixen problemas (bugs) ou engaden melloras que aproveita KDE e por iso está recomentado para os que traballan sobre trunk. Podes obter qt-copy facendo:
svn co svn://anonsvn.kde.org/home/kde/trunk/qt-copy
Se desexas ter unha copia completa de KDE, só tes que pór:
svn co svn://anonsvn.kde.org/home/kde/trunk/KDE
Ollo! Isto vai baixar moito código fonte!. O servidor pode reducir a prioridade das peticións grandes de svn. Dependendo da carga do servidor, pode tardar bastante.
Se queres paquetes extra podes obter no mesmo trunk/:
koffice extragear playground kdereview
Se por exemplo queres obter o trunk de koffice usa:
svn co svn://anonsvn.kde.org/home/kde/trunk/koffice
[edit] Obter o trunk usando as instantáneas do SVN
Se queres obter módulos de trunk/ podes aforrar tempo usando as instantáneas do repositorio. O uso dos repositorios está descrito na páxina do tutorial das instantáneas de Subversion.
[edit] Obtendo KDE 3
Se prefires usar KDE 3 en lugar de estar á última, usa:
svn co svn://anonsvn.kde.org/home/kde/branches/arts/1.5/arts svn co svn://anonsvn.kde.org/home/kde/branches/KDE/3.5/
Consigue tamén a copia de qt:
svn co svn://anonsvn.kde.org/home/kde/branches/qt/3.3/qt-copy
[edit] Obtendo versións específicas
Os módulos de KDE están etiquetados en cada lanzamento, polo que é posíbel obter unha versión específica de KDE. A maior parte dos módulos teñen o formato tags/KDE/X.Y.Z (onde X, Y e Z representan a versión exacta). O modulo de arts (somentes necesitado para KDE 2 e KDE 3) ten un formato diferente de etiquetado, tags/arts/X.Y.Z. Por exemplo, obter kdelib tal como foi lanzado en KDE 3.5.0, fai:
svn co svn://anonsvn.kde.org/home/kde/tags/KDE/3.5.0/kdelibs/
Se queres actualizar a KDE 3.5.5, usa este comando:
svn switch svn://anonsvn.kde.org/home/kde/tags/KDE/3.5.5/kdelibs
[edit] Obtendo traducións
Se estás buscando por traducións ou outro tipo de localizacións, podes obter a linguaxe que queiras no módulo l10n.
Estás listo para comezar a compilar KDE! Visita esta páxina para instrucións sobre como compilar o trunk ou esta páxina para instrucións sobre compilar a última versión estábel.
[edit] Tamén de interés
- anonsvn.kde.org está en Tuebingen, Alemaña, mantido por Dirk Mueller De todos os xeitos, unha copia local adicional pode atoparse, por orde de rendimento:
- kde.mneisen.org está localizado preto de Nuernberg, Alemaña, e mantido por Martin Eisenhardt
- www.englishbreakfastnetwork.org tamén hospeda servidores ventás de SVN anónimo, na Universidade de Nijmegen, Holanda. Mantenidos por Adriaan de Groot
- Ten coidado con misturar servidores ventás. SVN lembra o servidor na copia local, polo que terás que usar este comando:
svn switch --relocate svn://anonsvn.kde.org/ svn://kde.mneisen.org/
- en todas as túas checkouts.
- Para conseguir un script que actualice o SVN e compile KDE automaticamente, bótalle unha ollada a kdesvn-build.
Se estás interesado en proporcionar un servidor ventá, contacta con Dirk Mueller.